Como remate final da festa do saber, e despedida deste curso, todo o alumnado participou nunha gran festa musical dirixida pola profe Luz, que traballou un montón para facernos desfrutar a todos: familias, nenos, nenas e familias: grazas profe!
Todas as actuacións son temas musicais que fan referencia a estilos e épocas moi variadas.
Comezaron os de 6º acompañando unha peza de Anna Kendrick, chamada “When I´m Gone”. Escollérona pola mensaxe que transmite. Esta peza é unha despedida xa que é o seu último ano cole e quixeron dedicala a todos: familia, compañeiros de Seixo, profes…. e en especial a Charo, a súa titora: “Cando nos vaiamos… Botarémonos todos de menos e sobre todo, botarémoste de menos, grazas por todo!!!.
Continuando, os nenos e nenas de 5 anos, tamén deron a despedida á etapa infantil, cunha coreografía para a peza tradicional galego-portuguesa “Auga leva o Regadinho”. A súa vestimenta non é do máis tradicional… pero…. despois xa entenderedes o porqué.
Seguidamente, o alumnado ao completo de infantil ensinounos a todos a bailar un Twist! Nin máis nin menos!! É un twist que bailaron con toooooodo o corpo. Por iso nos puxemos todos en pé para bailar! (sentimos que estar todos de pé non deixe ver ben aos peques)
Para relaxarnos un ratiño, os nenos e nenas de 1º de primaria fixeron danzar os seus panos de cores ao ritmo do “Tris Tras Polka” de Johann Strauss, do ano 1858.
Agora veñen 2º e 3º de primaria, entremezclando percusión corporal e coreografía. Representarán o rock do grupo Queen: “We Will Rock You”. Todo o público acompañamos facendo o ritmo base.
Imaxinádevos que chegamos a un gran teatro, onde imos ver a unha gran orquesta tocando a Marcha Radetzky. Neste caso os instrumentos son o seu propio corpo. Moi atentos ao que ides observar a continuación!!!
Cambiamos totalmente de escenario!! Transportámonos a Brasil. Os compañeiros e compañeiras de 5º curso representaron unha secuencia que combina percusión con paus e movementos da danza da Capoeira. Empregaron para facelo unha base musical con ritmos de Samba.
Ninguén mellor que os de 6º para dar peche a este curso, fixérono poñéndolle ritmo á festa, agardamos que vos guste!!
Noraboa a todo o alumnado por este fantástico traballo e tamén á profe Luz por organizar esta festa tan variada e rica musicalmente: sodes todos uns artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario