martes, 26 de xuño de 2018

ENTREVISTA NA RADIO A MARÍA, A ALCALDESA DE MARÍN

Os alumnos de 5º, para o noso Proxecto de radio escolar, intentamos facer diversas cousas na radio. Unha das ideas para tratar de entender e coñecer mellor o colexio, foi facer entrevistas, un xénero periodístico moi radiofónico.
Eliximos a seis persoas, catro relacionadas directamente co colexio e outras dúas relacionadas institucionalmente. Todas aportáronnos a súa experiencia e explicáronnos en que consiste o seu traballo no colexio ou que relación teñen con el. Dividímonos en grupos de tres, somos 18, e así entrevistamos aos nosos seis invitados.


Ola!! nós somos Silvia, Xoel e Gabri, entrevistamos a María Ramallo, alcaldesa de Marín para saber novas reformas en Marín e no colexio de Seixo.
Aquí vos deixamos a nosa entrevista:

Ningún comentario:

Publicar un comentario