venres, 28 de xaneiro de 2022

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO HOXE ENTREVISTA A FITA E ROSA

Hoxe queremos compartir con vós a entrevista que lle fixemos a...
Fita González Tilves e Rosa Rodal Tenorio
ex alumnas do noso Cole que quixemos convidar a este programa con motivo do 50 aniversario do Ceip de Seixo.
As dúas, Do Campo, viñeron recordar os tempos da outra escola "Da Unitaria" e o grande cambio que supuxo por aquel entón pasar ao Ceip de Seixo.
Eran outros tempos, como elas dixeron, outras formas de ensinar... Os contidos da escola traballábanse de memoria, as nenas estaban nunha casa e os nenos estaban noutra...
Fita só pasou un ano no Grupo Escolar de Seixo, en 1972. Na unitaria aprendeu moitas cousas con outras rapazas de diferentes idades: a ler o silabario, as tablas, cantando letras, as extremidades do corpo...
Cando cambiaron ao grupo escolar, no comezo de todo, as aulas non eran mixtas. Recordan que para entrar nas aulas había que preguntar... "Se puede?" e mentras non contestaran... "Adelante!" había que esperar. Non se empegaban os nomes dos compañeiros e compañeiras oficiais das listas senon que a miúdo poñíanse alcumes: pito coirento, adela cadela, lajañas, inferno...
Rosa lembrou perfectamente o seu sitio no comedor, os queixiños agochados no radiador porque non lle gustaban, o silbato que facía soar o porteiro para entrar e saír...
Por aquí vos deixamos a entrevista! Non vola perdades! 
Antes de despedilas quixemos darlles un pequeniño agasallo como lembranza deste curso tan especial na comunidade do Ceip de Seixo...
Moitísimas gracias Fita e Rosa pola vosa visita!
Ata outra!

Ningún comentario:

Publicar un comentario