Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convivencia. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2026

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Un ano máis, o alumnado de 6º vivimos unha xornada moi especial que comezou conha andaina ata Ardán.

Alí xuntámonos co alumnado do Ceip de Ardán, co que compartiremos a ESO no Chan do Monte, e así xa nos imos coñecendo. 


Foron uns anfitrións fantásticos! Pasámolo pipa xogando e compartindo tempo coas compis e compis que teremos o próximo curso. 


Seguro que nos quedan moitas aventuras por compartir: vémonos en setembro no Chan do Monte!

mércores, 27 de maio de 2026

XOGADE: CONVIVENCIA DEPORTIVA NO CEIP de SEIXO

O mércores 27 de maio o alumnado de 3º e 4º de EP do noso cole recibiu ao alumnado dos mesmos cursos do CEIPP de Espiñeira de Aldán (Cangas do Morrazo).

Durante esta xornada lúdica practicáronse os seguintes deportes: Balonmán, Paladós e Xogos de Agarre. Tamén compartimos unha merenda a base de froita, bocadillo, barra enerxética e auga.

E quedounos un pouquiño de tempo para intercambiar e compartir o espazo de recreo conxuntamente. 

Gran xornada de actividade física nun día caloroso que desfrutamos moito.

                                 

venres, 13 de marzo de 2026

ESPERTANDO VALORES (II)

Esta semana o alumnado de 3 anos traballou o conto "El hada de la suerte" do libro "De mayor quiero ser... feliz". Éste libro é moi recomendado para que tódolos nenos e nenas o teñan na casa xa que lles presentan situacións e historias que eles mesmos van a ter que enfrontar na súas vidas, e co traballo e reflexión destas historias axudarémoslles a xestionar mellor todos os conflitos que lles poidan xurdir e que así medren emocionalmente sans.


 Fixérono xenial e súper comprometidos! Éste traballo fíxose para compartir co resto do alumnado do cole para que así tamén entendan a importancia de ser agradecidos con todo o que temos.

martes, 3 de marzo de 2026

XORNADA MULTIXOGO 1º E 2º EP EN ESPIÑEIRA (ALDÁN)

 O luns 2 de marzo, os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de educación primaria do cole de Seixo fomos ata o colexio de Espiñeira en Aldán para realizar unha xornada de multixogos. Esta actividade foi compartida cos nenos e nenas dos centros educativos de A Laxe de Marin, Torre Cela de Bueu e o noso anfitrión de Cangas.  

Algúns dos xogos foron: birlos, Pita Churro, Pedra- Papel e Tesoira con aros, Circuito de axilidade, Xogo de Lanzamento a aro con pelotas, Xogos de Corda, Zancos, Nesta casa hai Lume, Xogo de lanzamento a buracos.


   





mércores, 28 de xaneiro de 2026

ESPERTANDO VALORES (I)

 Dende a área de convivencia apostamos polo traballo da literatura infantil para traballar valores que consideramos necesario espertar nas nenas e nenos, xa que o alumnado conecta moito con estas historias e a posterior reflexión fai que se poñan nas diversas situacións o que favorece a asimilación destes valores e a súa posterior integración na súa propia conduta. Así tamén se analizan outros aspectos non aptos socialmente, ou o traballo das emocións e a súa xestión.

 Os nenos e nenas de 4º de primaria, traballaron o conto "Yo primero" de Miriam Tirado. De xeito voluntario algúns animáronse a grabalo na radio para así poder compartilo co resto de clases do cole. Fixérono realmente ben!



Con este conto traballamos aspectos como a propia individualidade e o exceso de protagonismo así como a necesidade de ter en conta aos demais, o control de impulsos, a tolerancia a frustación e estratexias de relaxación e volta a calma.

 

A clase de tres anos traballou o conto "La revancha" contextualizado na semana da carreira da paz. Este conto da lebre e a tartaruga enseñounos valores como a constancia, o esforzo, a resolución de problemas ante adversidades e sobre todo a non ser vanidosos.


 

sábado, 17 de maio de 2025

FESTA DA LINGUA 2025

O 17 de maio, día das Letras Galegas, é unha data moi especial no calendario. É unha forma de homenaxear a quen contribuíu a darlle prestixio á nosa lingua e a combater os prexuízos. Este ano dedícase ás cantareiras, as grandes transmisoras e conservadoras da cultura oral galega. E, un ano máis, celebrámolo cos compis do cole de Ardán: o rural de Marín unido polo galego! 
 

Fixemos unha andaina ata A Pradeira, e este ano foi unha andaina moi especial acompañados coa gaita grazas a Sergio, o pai de Leo e Olivia; e a María, a filla de profe Elena, que nos amenizou coa pandeireta, graciñas aos doús pola vosa compañía nesta festa. Ademais Sara, de 6º, a profe Bea e a profe Sabela, tamén nos deleitaron coas súas pandeiretas. E máis instrumentos nos acompañaron na andaina: cunchas, craves... unha delicia de paseo!

Fomos ata A Pradeira, onde cada ano nos abren as portas con moito cariño. Alí xogamos e desfrutamos do entorno e tamén da convivencia e da música tradicional galega con AC POLAVILA METALXIS. Ademais de coñecer moitos instrumentos tradicionais, como os que usaban as cantareiras, bailamos e cantamos a canción que ensaiamos co profe Tano. Unha festa marabillosa!

sábado, 8 de xuño de 2024

FESTA DA LINGUA

Un ano máis celebramos a festa da lingua cunha andaina ata A Pradeira onde, todo o alumnado e o profesorado, desfrutamos dunha xornada de convivencia co cole de Ardán: o rural de Seixo unido polo galego!
Camiñamos, merendamos, xogamos, firmamos camisetas... e rimos moito con Asacocirco e o seu espectáculo que nos deixou coa boca aberta!

sábado, 11 de xuño de 2022

VISITA AO IES

Seguimos sumando momentos cos compis de Ardán. Estaremos xuntos no instituto Chan do Monte, e alí marchamos para coñecer o centro e ir rompendo o xeo: que pouquiño nos falta para estar alí xuntos!

mércores, 1 de xuño de 2022

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Despois de dous anos moi rariños, nos que tivemos que cancelar moitas actividades, por fin imos voltando á normalidade, recuperando actividades que sempre funcionaron de marabilla e que son un éxito entre o alumnado.


Este curso, puidemos retomar a xornada de convivencia co alumnado do CEIP de Ardan para irnos coñecendo de cara ao instituto... e que ben o pasamos!!


No día máis caloroso da primavera fixemos unha ruta dende o cole ata a Praia do Santo. Alí fixemos un xogo de orientación que nos tiñan preparado os compis de Ardan, e desfutamos unha mañá moi chula con eles.
 

Para volver ao cole fixemos o sedeiro litoral á Praia de Loira e percorremos a senda do Río Loira en busca de fresco e sombra. Grazas ao río logramos baixar algúns graos aos 30° do día.


Auga, viseira e sorrisos foron os ingredientes imprescindibles para o éxito total da xornada. Graciñas compis de Ardan, vémonos no Chan do Monte!! E graciñas tamén ás profes de Ardan, e xenial ter veciñas tan molonas!!

Neste vídeo tendes máis fotos deste día.

xoves, 20 de xuño de 2019

CONVIVENCIA COR ARDÁN XUÑO 2019

Como cada ano, o alumnado de 6º despedimos o curso cos compis do CEIP Ardán. 
Esta convivencia é unha fermosa tradición que levamos anos facendo e que nos encanta, porque despois moitos coincidiremos no IES.
Este ano tocounos ser anfitrións!
Primeiro fixemos unha pequena ruta. Fomos ao muíño onde nos explicaron a moenda. 



Logo leváronnos ao río e faláronnos dalgunhas plantas da ribeira do río. 




Volvemos ao cole...
e merendamos todos xuntos rematando o día xogando todos xuntos en O Patio que soñamos e desfrutando de PAKOLAS un concerto moi especial que tiñamos preparado.
Unha xornada fantástica que resumimos nestas fotos.

martes, 18 de xuño de 2019

OS NENOS E NENAS DE 6º VISITAN O IES CHAN DO MONTE

Os nenos e nenas de sexto tivemos unha xornada especial e diferente...
Non todos imos ir o vindeiro curso para este instituto, pero si a maioría, por iso fomos coñecer as instalacións do que será o noso novo centro a partir de setembro.
Acompañados da nosa titora Sole e da nosa orientadora Lourdes, fixemos un percorrido polas diferentes dependencias do centro...



Unha xornada imprescindible para afrontarmos unhas vacacións tranquilizadoras sabendo o que nos imos atopar o próximo curso escolar...
Gracias a toda a comunidade educativa do IES CHAN DO MONTE por acollernos e recibirnos tan ben!

sábado, 23 de febreiro de 2019

CONVIVENCIA COA GALIÑA AZUL

Esta semana tivemos unha visita moi especial: a dos nosos veciños! Si, si, os nenos e nenas da Galiña Azul estiveron no noso cole, que xa nos apetecía moito vernos máis de cerca e poder xogar xuntos.

Por suposto tiñamos todo preparado para ser uns excelentes anfitrións!






A profe Loreto preparou para todos un conto moi chulo! Gustounos moito!



O profe Tano tiña preparadas para nós dúas actividades: un conto musical e un musicograma superchulo! Mirade nos seguintes vídeos que ben o pasamos e como desfrutamos!





E por suposto non podía faltar unha rica merenda que compartimos no patio. 





Seguro que quedastes con ganas de ver máis fotos, verdade? Pois aquí vos deixamos un resumo de todo o que fixemos:

xoves, 4 de outubro de 2018

CONVIVENCIA CON ARDÁN XUÑO 2018

Como cada ano, o curso pasado, o alumnado de 5º e 6º despedimos xuño cos compis do CEIP Ardán. Esta convivencia é unha fermosa tradición que levamos anos facendo e que nos encanta, porque despois moitos coincidimos no IES. 
O curso pasado tocunos a nos ir ata Ardán, e dimos un bonito paseo nun día fermoso e soleado. Alí nos esperaban os nenos e nenas de Ardán cos que compartimos unha fermosa mañá.
Primeriro un dos seus profes nos ensinou unha exposición na que había moitísimos obxectos que el recopilara ao longo de moitos anos nas súas viaxes por todo o mundo. Era unha pasada, había de todo: máscaras, armas, tótems, utensilios diversos... alucinamos! 
Despois nos invitaron a merendar e compartimos un tempo de xogos populares antes de volver de ruta ata o noso cole. 
Grazas pola vosa hospitalidade, este curso vos esperamos en Seixo!


venres, 2 de marzo de 2018

CONVIVENCIA EN INFANTIL

Os máis peques do noso cole tiveron unha xornada de convivencia cos nosos veciños: os nenos e nenas da Galiña Azul. 
Premede na foto para ver o ben que aproveitaron as horas xuntos!

sábado, 14 de outubro de 2017

CONVIVENCIA CON ARDÁN 2017

Un ano máis os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron unha xornada de convivencia co alumnado de Ardán, que serán compañeiros no instituto.
Este ano tocounos ser anfitrións. 
Primeiro fixemos unha pequena ruta. Fomos ao muíño onde nos explicaron a moenda. Logo leváronnos ao río e faláronnos dalgunhas plantas da ribeira do río. Volvemos ao cole e merendamos convidados pola ANPA. Trminando xogando ao baloncesto coordinados por Natalia e Saúl, os profes expertos na canasta. 
Unha xornada fantástica que resumimos nestas fotos.



Convivencia Ardán 2017 by Slidely Slideshow

martes, 28 de xuño de 2016

CONVIVENCIA CON ARDÁN

Un ano máis, o alumnado do último curso do cole, realizou unha xornada de convivencia co alumnado do último curso de Ardán. 


Levamos moitos anos realizando esta actividade que resulta moi positiva porque todos estes nenos irán ao mesmo instituto. 


Este ano tocoulle a Ardán ser o organizador do encontro. 


Encontrámonos na praia do Santo onde fixemos un xogo de orientación con equipos mezclados dos dous coles.













Despois fixemos unha serie de xogos para coñecernos e compartir. 





Merendamos xuntos e disfrutamos dunha mañá estupenda. 




Vémonos no instituto!!