Hoxe todos nos volvimos xuntar na biblioteca para desfrutar dunha representación dos compis de 5º.
Representaron para todos: O Coelliño Branco, un conto moi coñecido escrito por Xosé Ballesteros e ilustrado por Óscar Villán.
Trátase dun conto onde a valentía, a colaboración e a solidariedade triunfan frente a cobardía dos que poderían axudar ao coelliño, pero non o fan e fuxen correndo.
O conto quere dicirnos que calquera persoa, sexa como sexa, pode axudarnos: o importante é que queira facelo. .... porque: QUEN QUERE, PODE!
Noraboa aos compañeiros e compañeiras de 5º por esta fantástica representación: un gran traballo no que se nota moito ensaio detrás! Moitos aplausos para todos e o profe Goyo por guialos tan ben.
Aínda que é un conto moi coñecido, aquí volo deixamos por si algún non o coñece, e tamén o podedes coller na biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario