luns, 23 de outubro de 2017

UN SAMAÍN DE CONTO



Todas as familias recibistes esta carta e aproveitamos o blog para explicar un pouco máis a axuda que precisamos de todos vos.
O día 24 é o día das bibliotecas e como está tan próximo a Samaín, mesturamos as dúas celebracións festexando: UN SAMAÍN DE CONTO. 

* CABAZAS DECORADAS. 
Un ano máis animámosvos a decorar unha cabaza cos vosos fillos e fillas, desfrutando de facelo xuntos. Poderedes visitalas o martes 31 a entrada ou á saída (abriremos un pouquiño antes para velas). Podedes traelas o luns día 30. 

*“RELATOS CURTOS DE MEDO”. 
É unha actividade voluntaria na que queremos animar a todo o alumnado a soltar a súa imaxinación e escribir pequenos relatos de medo, que poden resultar terroríficos ou moi divertidos! 
O último día para entregalos será o venres 27 e todos os que se animen gravarán o seu relato na radio para que todos o poidades desfrutar.

* “POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN”.: 
Animamos a todas os membros das familias a contar un conto “de medo” na clase do voso fill@. Podedes visitar na biblioteca a exposición con contos que podedes coller prestados e utilizar para contar no cole, pero se tendes na casa algun pois aínda mellor!
Se vos animades concretade día e hora cos titores.

* HORA DE LER A ESCURAS: 
O luns 30 todos os nenos e nenas deben traer unha lanterna porque faremos a hora de ler as escuras para que sexa terrorificamente divertida!

Non dubidedes en preguntar o que sexa... contamos con vos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario