Se premedes na foto de despedida dos nenos e nenas de 6º durante o curso 2016/17, poderedes ver fotos do día da súa graduación e despedida de Seixo.
Pero os profes tamén nos poñemos nostálxicos cando vemos a estes nenos e nenas que chegaron sendo uns peques fai 9 anos.... así que comezamos a ver fotos e nos entra a morriña.
10 nenas e nenas dos que comezaron 3 anos coa profe Mila, chegaron xuntos ata o último curso de primaria e nos emociona ver canto medraron!
Aquí vos deixamos algunhas fotos, son dignas de ver para desfrutar con tantos recordos do seu paso por infantil. Mil grazas á profe Mila, que foi a súa titora, e nos axudou a xuntar estes fantásticos documentos gráficos: valiosos recordos!!!
CURSO 2008/09: CLASE DE 3 ANOS
CURSO 2009/10: CLASE DE 4 ANOS
CURSO 2010/11: CLASE DE 5 ANOS
que marabilla!!! iso sí que é un gran traballo de investigación e ganas de sacarnos un sorriso.. sobre todo @s pais/nais desta clase.. que lles toca este ano un gran cambio.. gracias profe Ana por currarte este album... mmmuaka
ResponderEliminar