Hoxe compartimos con vós outro exemplo de traballo por competencias, onde se ve claramente que se pode traballar unha lingua con calquer contido.
Un proxecto de inglés para 3º e 4º de primaria, onde se traballan diferentes contidos de naturais, de inglés, de coidado do medio ambiente...
Unha clase de ciencias naturais pero en inglés aproveitando todos os recursos que nos ofrece o noso patio para poder plantar e coidar as plantas.
Así están xa as nosas xudías!!
Tivemos que traballar moito, que importante é aprender facendo: sementar, transplantar, regar, atar... e terminamos cun mural dos nosos lapbooks que estamos rematando (deixar por escrito, en inglés, todo o que aprendemos).
Fantástico ..!! Debería ser o normal e natural en todas as asignaturas.. salgamos das aulas, experimentemos, manchémonos..
ResponderEliminar