A clase de 4 anos foi a encargada de dinamizar a actividade "COIDEMOS O PLANETA" para todo o cole.
Comezamos coa presentación de imaxes que favorecen ou poñen en perigo a saúde do noso planeta. Reflexionamos sobre todas elas e fixémonos responsables para ensinar ao noso contorno das boas accións que debemos levar a cabo para coidar o noso planeta, así como a de advertir das accións cotiás que pouco a pouco van mermando a saúde do noso planeta.
Despois destas reflexións decidimos facer un xogo nas dúas entradas do cole para que o alumnado de outros cursos puidese participar e concienciarse no coidado do planeta. Así pintamos dous tipos de planetas, un limpo e sano e outro contaminado.
Despois pegamos as fotografías e os planetas no chan: a casilla de saída é o planeta contaminado, e temos que pisar nas accións encamiñadas a recuperación e mantemento do planeta ata chegar ao planeta limpo. O xogo podemolo facer nos dous sentidos do recorrido, podemos tamén saír dende un planeta limpo e pisar naquelas accións que nos levan a contaminación e deterioro do noso planeta.
Así que entramos pola porta... comeza o xogo!!
Encantounos participar a todos, agora só temos que interiorizar o mantra: COIDEMOS O PLANETA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario