Despois de dous anos moi rariños, nos que tivemos que cancelar moitas actividades, por fin imos voltando á normalidade, recuperando actividades que sempre funcionaron de marabilla e que son un éxito entre o alumnado.
Este curso, puidemos retomar a xornada de convivencia co alumnado do CEIP de Ardan para irnos coñecendo de cara ao instituto... e que ben o pasamos!!
No día máis caloroso da primavera fixemos unha ruta dende o cole ata a Praia do Santo. Alí fixemos un xogo de orientación que nos tiñan preparado os compis de Ardan, e desfutamos unha mañá moi chula con eles.
Para volver ao cole fixemos o sedeiro litoral á Praia de Loira e percorremos a senda do Río Loira en busca de fresco e sombra. Grazas ao río logramos baixar algúns graos aos 30° do día.
Auga, viseira e sorrisos foron os ingredientes imprescindibles para o éxito total da xornada. Graciñas compis de Ardan, vémonos no Chan do Monte!! E graciñas tamén ás profes de Ardan, e xenial ter veciñas tan molonas!!
Neste vídeo tendes máis fotos deste día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario