Os nenos e nenas de 6º están a punto de rematar a súa viaxe por primaria, pero non queren despedirse sen ensinarnos as camisetas que fixeron: poderíamos facer un catálogo de moda coas fotos que ides ver!

Son unha pasada, e o mellor de todo é que foron feitas por eles: primeiro elixiron o deseño, logo con papel de calco pasárono ás camisetas que despois pintaron con pintura de tea usando pinceis, para despois rematalas con rotuladores téxtiles. Un gran traballo cun fantástico resultado.
Tania, Ainara e Belén elixiron unhas bonecas Gorjjus alucinantemente bonitas |
Álex e os dous Danieles fixeron un debuxo de Creeper que lles quedou cravado! |
Antía, Marta e Dessi tamén debuxaron fenomenal a Creeper do videoxogo Minecraft |
Marco, Antía, Iago e Aaron fixeron deseños variados nas súas camisetas: os emojis de whatsapp, Pikachu... |
Rubén, Diego e Abel elixiron a peli de Deadpool para ilustrar as súas camisetas que quedaron súper chulas e moi vistosas! |
Jose, Aarón, Diego e David fixeron uns divertidos Minions que lles quedaron xenial! |
Jona cun deseño propio e Isra, cunha imaxe de Assassin´s Creed, tamén conseguiron unhas camisetas moi chulas e orixinais, |
As nenas desta clase... son poucas pero van pisando forte! |
Noraboa a todos polo voso fantástico traballo, e tamén á profe Kati por esta idea e por acompañalos no traballo...
seguide potenciando a vosa arte!
seguide potenciando a vosa arte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario