Onte Dani foi o protagonista da radio e trouxo con el a súa familia.
O seu irmán pequeno sorprendeunos moi tranquilo e convencido diante do micro, e con so dous anos encargouse de presentar a poesía e o autor... bravo Óscar!!
En poco máis dun ano correrán xuntos polo patio do cole, mentres tanto Óscar apúntase a todo o que poida compartir con Dani.
Grazas tamén aos seus papis por animarse a gravar na radio do cole... sabemos que estiveron ensaiando cos peques na casa e iso fainos moita ilusión!

Desfrutade con Óscar, Jeni, Dani e Óscar do poema: O merlo.
Bravo por Dani e a súa familia! Fixérono xenial!
ResponderEliminar