Un dos proxectos do noso PDI deste ano: O NOSO CONTORNO foi investigar sobre xente de Seixo. Buscando, buscando... atopamos que entre nós vive un dos luthiers máis xoven do panorama musical actual. E foron os propios nenos e nenas os que decidiron investigalo a el por ser veciño de Santomé.
Os nenos e nenas de 4º e 5º investigaron moito sobre a vida de César Loureiro, entrevistando aos veciños e buscando en internet.
Para rematar esta súper investigación os nenos e nenas decidiron invitar a César ao cole para compartir unha xornada con el, que estivo encantado de aceptar!
Foi unha agradable sorpresa que César viñera acompañado de Carmen Gallego e o seu violín.

Compartimos con eles todo o investigado sobre a súa vida.

Eles contestaron a todas as nosas preguntas e curiosidades que foron xurdindo durante a investigación.
Agasalláronnos coa súa música e desfrutamos moito xuntos.
A zanfoña é preciosa! encantounos poder tocala e vela en directo!
Pasámolo tan ben... que ata botamos uns bailes!
Como despedida firmaron no noso libro de visitas: mil grazas aos dous, sodes estupendos!
Queremos agradecer a César e a Carmen a súa visita e o encantadores e atentos que foron con todos nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario