martes, 28 de xuño de 2016

FESTA DO SABER: XORNADA DE XOGOS POPULARES COAS FAMILIAS

Aínda temos pendente ensinarvos moitas das actividades que fixemos na Festa do Saber, pero non aguantabamos máis sen ensinar o ben que o pasamos o último día do curso. 



Rematamos unha xornada de xogos populares, dos que xogaban fai anos en Seixo e que nos encantaría que os nosos alumnos recuperasen.



Grazas a todos os pais e nais que axudastes na organización... e grazas a cada un dos que viñestes a xogar, aos tíos, avós... grazas a todas as familias: non o digades por aí pero sodes os mellores!!


Grazas tamén ao Centro de Formación e Recursos do profesorado por deixarnos tantos xogos, e tamén á profe Natalia por practicar co alumnado: xa case son uns expertos!


Algo argallaremos o ano que vén para compartir xuntos, porque o pasamos fenomenal!


Nestas fotos falta algún dos equipos... pero seguro que vos vedes xogando nas fotos... grazas por vir a desfrutar co alumnado do cole: os vosos nenos e nenas. 



Encantaríanos saber que vos pareceu esta actividade, animádevos a deixar un comentario coa vosa opinión, porque o ano que vén queremos facelo mellor! 







Esperamos que todos vos vexades nestas fotos que son un recordo marabilloso dun día xenial. Fantástico despedir o curso xuntos.... 
O ANO QUE VÉN: MÁIS E MELLOR!

Ningún comentario:

Publicar un comentario