xoves, 30 de maio de 2024
ENTREVISTA A RAFA, O NOSO FORMADOR DO PLAN DIRECTOR
luns, 20 de maio de 2024
VISITA DA PROTECTORA DE CANS
LUISA VILLALTA-LETRAS GALEGAS 2024
Este ano 2024 o Día Das Letras Galegas adícase a Luisa Villalta. O alumnado do CEIP de Seixo realizou diversas actividades para coñecer a este escritora coruñesa que tanto fixo pola difusión da ccultura galega. A continuación, no seguinte vídeo deixamos unha pequena mostra dalgunhas delas.
sábado, 18 de maio de 2024
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
xoves, 16 de maio de 2024
PHO3NIX NO CEIP DE SEIXO
O martes 14 de maio o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP de Seixo-Marín realizou unha xornada de PHO3NIX , sobre a Promoción da Actividade Física e os Hábitos Saudables en idade escolar. O alumnado recibiu unha pequena charla sobre estes aspectos e despois realizou unha parte práctica en varias estacións para ver diferentes cualidades físicas.
martes, 14 de maio de 2024
FACEMOS PIZZAS!
Que mellor maneira de repasar as matemáticas que levándoas á vida cotiá? No pasado mes de abril, o alumnado de terceiro de pimaria foi mercar os ingredientes necesarios para levar a cabo as receitas das pizzas que elaboraron previamente na clase. Ademais de divertirnos un montón elaborando as nosas propias pizzas, puidemos desfrutar coméndoas... e que ricas estaban!!
xoves, 9 de maio de 2024
MAIOS 2024
luns, 6 de maio de 2024
ESCOLAS EN CAMIÑO- Santiago de Compostela
O martes 30 de abril o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria gozou do Premio Escola en Camiño (proxecto de Faro de Vigo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica y humanística do Camiño de Santiago) no que o centro participou o curso pasado.
Dende Seixo desprazámonos en autobús ata Santiago de Compostela. Ao chegar tomamos a merenda e camiñamos ata a praza do Obradoiro, onde nos dividimos en dous grupos para realizar a visita turística guiada. A continuación comemos na centro comercial de area central e pola tarde fomos ata o Museo de Historia Natural da USC, onde realizamos un obradoiro moi interesante. Sorprendeunos moitisimo este museo e recomendamos a súa vista.
Aquí unha pizca do que vivimos.