Unha das actividades que máis desfrutamos cada curso son as lecturas compartidas, onde os maiores len aos pequenos e xuntos fan un debuxo sobre o conto. E se todo iso se fai nun patio tan fermoso nun día de sol: xa quedamos sen palabras! Vivan os contos, vivan as lecturas compartidas!
Unha das semanas máis especiais do ano é a semana dos libros, e, un ano máis, desfrutámola a tope.
Ademais das actividades que se fixeron en cada aula, fixemos dúas, para todo o alumnado, que foron moi especiais.
Unha delas xurdiu pensando como facer que fose unha semana RqueR. A proposta consistía en buscar libros que tiñamos na casa aos que xa non lle facíamos moito caso e darlles unha nova vida facendo un amigo invisible. Todos trouxemos libros, empaquetados con xornais e papeis vellos, e todos levamos un libro para casa. Moitos libros comezaron unha segunda vida!!!
E por fin, cun curso que comezou sen restricións, puidemos volver a facer o apadriñamento lector que tanto desfrutamos, no que os maiores contaron contos aos pequenos e xuntos fixeron ilustracións. Foi unha actividade preciosa nun marco marabilloso como é o noso patio. Somos moi afortunados.
Partindo da actividade da radio: "Teño unha canción para ti", que é unha das nosas favoritas, deseñamos " Teño un libro para ti".
En vez de elixir unha canción, eliximos un libro para o compañeiro ou compañeira que nos tocou nun sorteo. Aproveitamos os libros expurgados da nosa biblio e polo tanto, moitos ían viaxar as nosas casas.
Tiñamos moitas cousas que facer e a toma de decisións levounos moito tempo pero cando, por fin, chegamos á acordos, puxémonos a traballar:
Caixa para o sorteo.
Papeletas co noso nome e clase.
Letras para o título da actividade:
Libros para regalar
Envoltorio reciclado dos libros:
Lugar para a exposición, datas do sorteo, elección de libros para os compañeiros, recollida do noso agasallo... Queredes ver todo o traballo que fixemos?
O mellor? Cando rematamos todos tiñamos un agasallo para levar !!
Feliz día do libro! Cantos nos gusta esta celebración! E non atopamos mellor forma de celebrala que rodearnos de libros.
Nestes 50 anos, que leva funcionando o cole de Seixo, os libros sempre tiveron un sitio especial, e dende fai moitos anos faise un gran esforzo para ir ampliando (non so fisicamente) e mellorando a biblioteca, porque os mestres do cole estaban e estamos convencidos, que ler fainos libres e abre moitas portas (a da imaxinación, a da creatividade, a da cultura, a do saber, a da diversión, a da curiosidade...)
Por suposto a colección de libros cambia cada ano, e facer expurgo é algo necesario para ter libros atractivos que motiven ao alumnado. Pero os libros teñen moitas vidas, e iso é o que fixemos este ano co proxecto: TEÑO UN LIBRO PARA TI.
Despois de facer unha clasificación por idades, todos os nenos e nenas do cole elixiron un libro para outro compañeiro e despois fixemos obradoiros de empaquetado (reciclando a tope!). Xa vos ensinaremos o proceso, pero hoxe deixámosvos un adianto do resultado: o cole cheo de agasallos, todos fermosísimos... sen dúbida o luns será un gran día cheo de sorpresas e emocións! (mirade este vídeo a ver si atopades o voso libro!!)
Nunha das actvidades arredor do Día do libro atopámonos con esta interesante actividade que nos propoñen as nenas e nenos de...
Nun traballo previo sobre o que debe incluír unha recomendación lectora traballamos os títulos dos libros, as autoras e autores, breves resumos, opinións persoais e o porqué de cada recomendación...
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fixeron actividades do máis primaveral polo día do libro. Estaban fascinados coas rosas do patio e a teacher Fátima contoulles a tradición de San Jordi na que se agasalla un libro e unha flor polo día do libro. Para non arrancar as do patio fixeron unhas de papel para regalar e así xurdiu: Roses for you.
Ademais, os nenos e nenas de primeiro e segundo ilustraron o seu libro favorito e fixeron un mural coas súas recomendacións.
Os de terceiro tamén fixeron un mural con recomendacións lectoras pero con fotos lendo en familia: cantos momentos chulos vivimos cos contos!!
Neste vídeo podedes ver máis fotos destas actividades:
Esta foi unha semana chea de actividades... Días atarefados con moitas propostas que vos iremos amosando ao longo destes días...
Unha semana na que todo xirou arredor dos libros e da celebración do pasado venres día 23 de abril...
A Biblioteca de Arnaldo, como non podía ser doutra forma... como centro de toda a actividade do cole...
Por aquí vos deixamos un vídeo no que se amosa un anaquiño do traballo que fixemos: marcapáxinas, bibliopatio, roses for you!, eu propóñoche..., booktubers, o meu libro favorito, decoración das entradas, descrubrindo novos xogos...
Os profes do cole participaron nunha actividade proposta por Bibliotecas Escolares de Galicia e que mellor data que a de hoxe para compartilo con todas e todos vós...
Neste día do libro estraño e diferente queremos reivindicar:
- O LIBRO que nos acompaña máis que nunca, que nos illa, que nos emancipa, que nos libera, nos atrapa, nos sacude, que nos remove, que nos fai poñer os pés na terra e que nos permite viaxar.
- OS AUTORES E AUTORAS: traballadoras e traballadores que nos agasallan con momentos de liberdade absolutos, Non permitamos que as súas creacións perdan valor nunha liquidación dixital.
- AS LIBRARÍAS: espazos máxicos e misteriosos nos que vovleremos a perdernos, que nos acollen, que nos aconsellan e que nos sorprenden. Que coñecen as nosas necesidades, as dos nosos alumnos e alumnas e as necesidades das nosas bibliotecas.
Máis que nunca precisamos saber onde estamos e cara onde imos...
No seguinte vídeo queremos presentarvos as recomendacións que nos enviástedes ao longo de todos estes días... moitísimas gracias pola vosa participación! Tan axiña como volvamos ao cole os libros da nosa biblio estarán repletos de códigos QR coas vosas gravacións!
Prestade moita atención e desfrutade con todas as lecturas que vos queren compartir!
Estade ben atentos ao longo de todos estes días porque iremos vendo contos moi chulos que Arnaldo estivo recibindo... Ides desfrutar moitísimo!!!
Seguro que estes días estades a ler moitísimo por iso vos propoñemos que nos fagades recomendacións das vosas lecturas preferidas para que outros nenos e nenas se animen a ler os vosos libros.
Gravade os vosos vídeos (recordade gravar sempre en horizontal) e enviadeos á seguinte dirección:
ceip.seixo@gmail.com
Por aquí vos deixamos algúns exemplos dos booktubers do cole... por suposto os que enviedes tamén os engadiremos nos libros do cole.
Convidámosvos a todos (alumnado, profesorado e familias) a convertervos en contacontos! Animádevos a gravar un conto para compartir e que todos poidamos desfrutalo.
Gravádeo (en horizontal) e enviádeo á seguinte dirección:
ceip.seixo@gmail.com
TENDES ATA O VINDEIRO MARTES 21 Á NOITE PARA ENVIAR AS VOSAS GRAVACIÓNS
Hoxe celébrase o día do libro infantil e xuvenil e de xeito especial temos moita morriña de estar con Arnaldo... él tamén esta na súa casa, a biblioteca. Certo é que está moi ben rodeado con moitos contos e libros marabillosos. Que ganiñas de volver ao cole para seguir desfrutando de tantas lecturas compartidas, que é como mellor saben!!
Mentres non podamos estar na biblio lendo, recomendámosvos que o sigades facendo con todos os libros que tendes na casa ou con moitos recursos que diferentes páxinas están poñendo a nosa disposición. Unha delas é Kalandraka, que no seu canal de TV nos ofrece moitos contos para desfrutar. Aí na imaxe vedes algúns, pero hai moitos máis (en galego e castelán). Premede na imaxe para poder acceder.
Que non se vos os esqueza que LER É SOÑAR COS OLLOS ABERTOS! Nos soñamos con vervos pronto: ánimo que todo isto pasará!