Amosando publicacións coa etiqueta día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día das bibliotecas. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de outubro de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2024

O día das bibliotecas sempre é un día moi especial no cole, porque o equipo de voluntariado da biblioteca sempre nos ten preparado algo especial, e este ano deixáronnos coa boca aberta. Representaron unha obra que prepararon dende 0: guión, vestiarios, escenario, aterezo... Ensaiaron moito e traballaron un montón, o cal se notou porque o resultado foi fantástico. Conseguiron ternos a todo o alumnado e o profesorado pasmados e alucinando. Parabéns por un traballo fantástico!


Tamén é un día especial porque poñemos en marcha as mochilas viaxeiras, que vas para as casas cargadiñas de lecturas, xogos... desfrutádeas!!!




martes, 24 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!!

Este queremos coñecer máis da fauna e flora de Seixo, polo que non podíamos ter outro convidado no día das bibliotecas que Anxo Moure, amante das árbores, dos animais... Por iso quixemos que fose o primeiro convidado deste curso.

Pasamos un día do máis divertido co Carballo con Botas. Mirade os de infantil como aproveitaron a súa visita na que contaron contos na biblio e en medio das árbores, bailaron, pasearon en ciclobiblioteca... un planazo!!

 

Os de primaria tamén desfrutaron dos contos do Carballo con Botas, da música das árbores, das viaxes dos libros...

E ninguén mellor que o Carballo con botas para axudarnos a poñer en marcha a nosa plantación de árbores en botas vellas, porque queremos seguir enchendo Seixo de vida!!

E como non podía ser doutra forma, non deixamos escapar a oportunidade de volver a entrevistar a Anxo Moure. Unha entrevista moi, moi especial. Sempre é un pracer charlar con Anxo, que é un apaixoado da natureza. Aquí a tendes para que tamén a poidades desfrutar e aprender cousas con el!

luns, 24 de outubro de 2022

ANXO MOURE CELEBRA CON NÓS O DÍA DAS BIBLIOS

Este ano celebramos o día das bibliotecas con Anxo Moure. Este é un día moi especial no cole porque é o día que inauguramos de forma oficial a biblioteca para este curso (aínda que funcionaba a tope dende setembro). E pensando no tema do proxecto deste curso ERRE QUE ERRE, non podíamos ter outro invitado que Anxo, que antes de contador foi ecoloxista.  


Fixo 4 sesións para todo o cole nas que atrapamos contos e comémolos xuntos. Nas 4 sesións rimos moito, bailamos, aprendemos nomes de árbores, reflexionamos sobre o importante que é poñer en práctica todas as erres... e sobre todo aprendemos que todos somos marabillosamente imperfectos!


Despois xuntámonos todo o cole na biblo, que tiñamos moitas ganas de facelo, e fixemos cousas moi especiais. A primeira foi cantarlle parabéns a Arnaldo que non podía estar máis contento véndonos a todos xuntos na súa casa. 


Despois entregamos o premio do logo do cole, elixido entre todos os debuxos que se fixeron, voluntariamente, o curso pasado, entre as actividades do 50 aniversario. Os gañadores foron Olivia e Mario, e unha fusión dos seus debuxos será o logo do cole: que emoción!!! 


E despedimos este día repartindo as mochilas viaxeiras que comezan a súa andaina polas casas do alumnado. Esperamos que maiores e pequenos as desfrutedes moito e que nolo contedes nos cadernos.


Por suposto non podíamos perder a oportunidade de entrevistar a Anxo, na nosa radio, e falar de ecoloxía e natureza, que son o motor da súa vida e dos seus contos.


O alumnado de 4º e 6º investigaron moito sobre el e prepararon unha gran entrevista.


Aínda que Adrián, Naroa, Eva, Noa e Vera foron os que fixeron a entrevista, o traballo foi das dúas clases.

Desfrutade desta marabillosa entrevista que nos deixa tantas aprendizaxes para o día a día. 

Graciñas Anxo por ser tan auténtico e polo teu cariño. Que pracer compartir este día contigo!!

domingo, 24 de outubro de 2021

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

LER É CRECER!!!, por iso adicamos tanto tempo a mellorar a nosa biblioteca intentando que cada ano sexa mellor que o anterior.

Hoxe, 24 de outubro, celébrase o día das bibliotecas por iso o venres fixemos a inauguración oficial da biblio do cole.

Foi unha inauguración moi emotiva porque recibimos unha visita moi especial relacionada coas bibliotecas, cos libros... e tamén co cole de Seixo e os seus 50 anos de historia: Vilas pasou a mañá con nós, e desfrutámolo un montón! 
Ademais tivemos contacontos en infantil, reparto das mochilas viaxeiras... un montón de cousas, estade atentos que xa vos contaremos todos os detalles!

Este marcapáxinas foi un agasallo especial de Arnaldo para todo o alumnado e todo o profesorado. Dende el podedes acceder ao blog e alí tendes o horario da biblio para poder vir en familia a coller libros. Recordade que tamén temos biblioteca de adultos e que todos podedes coller libros!

sábado, 24 de outubro de 2020

DÍAS DAS BIBLIOTECAS



Hoxe celébrase o día das bibliotecas, un día moi especial para un cole coma o noso, no que a biblioteca é un sitio moi pero que moi especial. Aínda que este ano hai unha chea de protocolos que poñen todo máis difícil, non van a conseguir pechar as portas da biblioteca que xa comeza a funcionar, aínda que de xeito especial.


Aínda que so podamos ir por grupos de convivencia, seguiremos desfrutando das lecturas, xogos, robótica, mesa de luz... e de todos os recursos que Arnaldo ten para nós.



E este ano, máis que nunca, a biblioteca percorrerá todo o cole: se non podemos ir á biblio a todas horas, ela irá ás aulas!! Xa os xogos e recursos da casa de Arnaldo están viaxando polas clases...



Esta semana comezamos a formación de usuarios que seguirá os proximos días para aprender moi ben as novas normas que farán que podamos exprimir a biblio a tope!!


Aquí vos deixamos unha presentación coas normas básicas da biblioteca. Non hai virus que nos quite as ganas de ler, de xogar, de crear, de investigar, de compartir... e de tantas cousas que podemos facer na biblioteca!!!

luns, 28 de outubro de 2019

CREACIÓNS PROPIAS

E como o prometido é débeda aquí vos presentamos o libro creado por todos os nenos e nenas do cole con motivo da celebración do Día das Bibliotecas...
Un Arnaldo, metido de cheo na celebración do Samaín do noso cole, danos a presentar este traballo...
E quere convidarvos a que pasedes pola Biblioteca para que lle deades unha ollada cando queirades!
Vaivos encantar e ides quedar abraiados coa cantidade de propostas lectoras que nel ides atopar!
Animádevos!

xoves, 24 de outubro de 2019

EU RECOMÉNDOCHE: DÍA DAS BIBLIOTECAS

A actividade central do DÍA DAS BIBLIOTECAS deste ano no noso cole xirou arredor dunha inicitiva que levou por nome...
"EU RECOMÉNDOCHE"
Todos os nenos e nenas compuxeron un mural xigante, que expuxemos no no ximnasio do cole, no que cada un achegou a súa recomendación lectora preferida...
O resultado foi magnífico... cunha diversidade de lecturas moi grande! 
Un mural dunha riqueza infinita que da boa conta do lema das bibliotecas deste curso: VIVEIRO DE CIDADANÍA!
Deixámosvos por aquí unhas cantas fotiños para abrirvos o apetito lector!



Verdade que entran ganas de comezar a ler e ler máis e máis libros?
Desmontarémolo para crear un libro con todas as recomendacións. Poderedes velo na biblio!

DÍA DAS BIBLIOTECAS: TIMBRE TOLO

Nunha das actividades preparadas para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS no Ceip de Seixo...
 os nenos e nenas pasárono xenial co... 
Unha actividade diferente e especial que nos levou a desfrutar en grupo das nosas lecturas preferidas en variados recunchos do cole ao longo de toda a mañá...
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo desta actividade!

CONTACONTOS

Nunha das actividades levadas a cabo arredor deste día "DÍA DAS BIBLIOTECAS"...
as nenas e nenos de infantil e primeiro e segundo de primaria puideron desfrutar dunha sesión de contacontos levada a cabo pola editorial ANAYA...
un comezo de celebración moi divertido e entretido e que mellor sitio para levar a cabo a actividade que a casa de Arnaldo, a nosa Biblio!
Deixámosvos por aquí un pequeno vídeo que demostra o moito que desfrutamos!

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende o 
CEIP SEIXO e AS PEGADAS DE ARNALDO... queremos desexarvos....

venres, 18 de outubro de 2019

venres, 26 de outubro de 2018

PECHANDO A SEMANA DAS BIBLIOS NA CASA DE ARNALDO

Para pechar a semana das Bibliotecas que se levou a cabo no noso cole con motivo do día 24 de outubro levamos a cabo dúas actividades na hora de ler que queremos compartir con todos vós.

Ao longo desta semana todos os nenos e nenas do cole, con axuda dos nosos titores, estivemos elaborando un vídeo no que queremos amosar que é unha biblioteca para nós. O resultado final podédelo ver no seguinte vídeo!




Nun día tan sinalado tivemos a sorte de contar coa visita das profes Ana e Charo e do profe Goyo, un profe que ao longo de tantos e tantos anos estivo traballando por unha Biblioteca mellor. Él tamén quixo compartir con nós unhas palabras amosándonos que é unha biblioteca para él.,

Por último cantamos todos xuntos a canción "O LIBRO" do album de Pablo Díaz "TIC TAC". Pasámolo moi ben e disfrutamos moito cantándoa, mirade o seguinte vídeo!


xoves, 25 de outubro de 2018

MÁIS ACTIVIDADES POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Queremos compartir con vós algunhas fotos das actividades levadas a cabo polos nenos e nenas de cinco anos e de sexto con motivo da semana das bibliotecas no noso cole de Seixo.
Arnaldo puido ver dende a primeira fila como a clase de 6º de infantil representaba unha adaptación teatral de a ratiña presumida e os nenos e nenas de 6º de primaria a duns contos elaborados por eles mesmos.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos das súas actuacións! Gustáronnos moito e pasámolo moi ben!




mércores, 24 de outubro de 2018

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CASA DE ARNALDO

Arnaldo convidounos a pasar un día especial na súa casa e por aquí vos deixamos as actividades que fixemos para celebrar o día das Bibliotecas na súa compañía.
Os nenos e nenas de quinto fixeron, gracias á profe Fátima, unha montaxe sobre a obra de Liliana Cinetto "Amor en la Biblioteca" (20 poesías de amor y un cuento desesperado). Queremos compartilo con vós desexando que vos guste.


Tamén estivemos vendo a curtametraxe : "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore". Nela viaxamos dunha forma incrible a través dos libros. Unha verdadeira historia de amor polos libros que dan vida a moitas persoas, ocupan gran parte do noso tempo libre...



FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

Felices e orgullosos da nosa biblioteca celebramos este día con moita alegría e con ganas de seguir mellorando día a día. Desfrutade deste día e visitade a biblio do cole, a de Marín, as de Pontevedra.... todas as que poidades!!!



venres, 10 de novembro de 2017

RECITADOS E REPRESENTACIÓNS DE 5º

Este ano quixemos grabar as participacións do alumnado polo día das bibliotecas para que as familias poidades desfrutar dende a casa dos grandes artistas que tendes.
Foron moitos os cursos que compartiron teatro ou poemas con todos os compis do cole, pero nos faltaba compartir os vídeos de 5º que tivo 3 estupendas participacións.


Aquí vos deixamos un recordatorio destas participacións (se premedes no título de cada unha iredes directos a diferentes entradas do blog) e un vídeo de cada unha, para que vexades que neste cole temos actrices e actores de moita calidade!



Nunha hora de ler recitaron uns poemas para todos os compis:



Ademáis de poetas tamén son grandes actores e actrices, o cal demostraron contando o conto de O COELLIÑO BRANCO:



E tamén nos contaron APRENDIZ DE BRUXA:

Fantástico traballo chicos: sodes uns artistas!

xoves, 2 de novembro de 2017

TEATRO: O HOME DO LUME

O alumnado de 6º tamén se apuntou a participar nos contos e poemas compartidos para celebrar o día das bibliotecas.... pero quixeron ir un paso máis alá. 
Cando estaban dando voltas a diferentes guións a ver cal era o elixido, vivimos uns días terribles en Galiza con moitos incendios que non deixaron indiferentes aos nenos e nenas, os cales non dubidaron en elixir esta obra.



Representaron: "O home do lume", unha obra coa cal nos quixeron facer pensar nas consecuencias que teñen os incendios e o perigo que poden chegar a ser, ademais de dar algunhas ideas prácticas para coidar un dos nosos maiores tesouros: os nosos bosques. 


Dende Seixo todos xuntos berramos: 
NUNCA MÁIS!

mércores, 1 de novembro de 2017

POEMAS NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de 4º son uns auténticos poetas! Seguindo coas celebracións do día das bibliotecas, eles recitaron varios poemas para todo o cole. 



E ademais son compositores, que moitos dos poemas son escritos por eles: uns artistas! Mirade o ben que recitan, son uns valentes e moi profesionais, que non vaiades a pensar que é sinxelo recitar diante de 150 persoas!!! 

TEATRO: CORRE, CORRE CABACIÑA

Seguimos compartindo a hora de ler con actuacións de uns cursos para outros. Hoxe os nenos e nenas de 2º de primaria representaron para o resto do cole o conto: Corre, corre cabaciña.



Encantounos a todos... mirade e escoitade atentos a ver que vos parece!

domingo, 29 de outubro de 2017

RECITANDO NA BIBLIOTECA

Seguimos xuntándonos na biblioteca todo o cole e compartindo a hora de ler con actividades especiais.



A biblioteca está cada día máis terrorificamente bonita!



Hoxe os compañeiros de 3º e 5º deleitáronnos cuns poemas moi chulos.



Así de ben o fixeron os de 3º


Os de 5º recitaron varios poemas individuais e por parellas


Menudos artistas nesta clase, están que non paran!