Amosando publicacións coa etiqueta bus de liña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta bus de liña. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de abril de 2025

OS NOSOS MAIORES


 Para rematar o trimestre o alumnado de quinto foi a coñecer dende dentro un centro de día.

Despois de indagar sobre as diferentes formas en que as familias concilian traballo e o coidado dos nenos e dos maiores, descubrimos que estes centros son coma unha escola na que os maiores pasan a mañá ou a tarde realizando diferentes actividades.

Invitáronnos a visitar o centro de día Pescadoira de Bueu. Fixemos a viaxe no bus de liña, toda unha experiencia pagar o noso billete!

No centro de día recibíronnos Gema, Rosa, Ángela e Miguel para mostrarnos as diferentes estancias do centro. Despois compartimos cos usuarios e usuarias do centro unhas actividades plásticas moi divertidas. Despois de merendar, ensináronnos como levantan e baixan ás persoas que teñen pouca movilidade; e para rematar a mañá, fixemos un pouco de ximnasia cos usuarios e usuarias do centro.

Grazas por unha fermosa mañá. Agora esperamos a súa visita no noso centro. Ata pronto!