martes, 24 de outubro de 2023

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ENCHENDO SEIXO DE VIDA!!!

Este queremos coñecer máis da fauna e flora de Seixo, polo que non podíamos ter outro convidado no día das bibliotecas que Anxo Moure, amante das árbores, dos animais... Por iso quixemos que fose o primeiro convidado deste curso.

Pasamos un día do máis divertido co Carballo con Botas. Mirade os de infantil como aproveitaron a súa visita na que contaron contos na biblio e en medio das árbores, bailaron, pasearon en ciclobiblioteca... un planazo!!

 

Os de primaria tamén desfrutaron dos contos do Carballo con Botas, da música das árbores, das viaxes dos libros...

E ninguén mellor que o Carballo con botas para axudarnos a poñer en marcha a nosa plantación de árbores en botas vellas, porque queremos seguir enchendo Seixo de vida!!

E como non podía ser doutra forma, non deixamos escapar a oportunidade de volver a entrevistar a Anxo Moure. Unha entrevista moi, moi especial. Sempre é un pracer charlar con Anxo, que é un apaixoado da natureza. Aquí a tendes para que tamén a poidades desfrutar e aprender cousas con el!

Ningún comentario:

Publicar un comentario