luns, 17 de febreiro de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DA RADIO FACENDO RADIO!

Este ano celebramos o día da radio cun obradoiro que desfrutamos grazas ao programa "Radio na biblio". Este ano todas as clases fixemos un obradoiro con Daniel Hofkamp. Daniel estudou xornalismo en Santiago de Compostela e exerceu en distintos medios de comunicación. Actualmente continúa colaborando coa Radio Galega e traballa en medios dixitais. E algo moi importante no seu currículo é que tamén foi alumno do CEIP de Seixo!


Adaptándose a cada idade, Daniel achegou a todo o alumnado á radio. Ademais de ver e tocar diferentes elementos que se usan na radio (micros, cascos, cables, mesas de son...) cada aula fixo un programa. Segundo a idade fixéronse pequenas investigacións, entrevistas... esprememos o tempo a tope! Neste vídeo tendes un resumo de canto traballamos. 
 

Aquí tendes todos os programas, que non teñen desperdicio. Se fixemos isto en tan pouco tempo, imaxinade o que podemos chegar a facer! Graciñas Dani pola túa guía e acompañamento: pasámolo pipa! Dende logo a radio ten algo máxico!







Ningún comentario:

Publicar un comentario