Amosando publicacións coa etiqueta os nosos maiores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta os nosos maiores. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de xuño de 2025

RECIBIMOS NO COLE AOS MAIORES

 Despois de ir visitar o centro de día Pescadoira de Bueu, tocounos a nós ser os anfitrións, e o alumnado de 5º preparouse ben para iso.

Prepararon uns xogos para compartir con eles a mañá: A petanca, a escoba, circuitos eléctricos, xogos de  parellas, e a estrela do día, unha oca xigante en que cada casilla era unha cadeira.

Fixeron algúns biscoitos para coller forzas, e a mañá pasou voando. Un gran traballo para pouquiño tempo. Esperamos que o pasaran moi ben.

...e despois de despedilos... atacamos nós á oca humana que aínda non a probaramos.

luns, 21 de abril de 2025

OS NOSOS MAIORES


 Para rematar o trimestre o alumnado de quinto foi a coñecer dende dentro un centro de día.

Despois de indagar sobre as diferentes formas en que as familias concilian traballo e o coidado dos nenos e dos maiores, descubrimos que estes centros son coma unha escola na que os maiores pasan a mañá ou a tarde realizando diferentes actividades.

Invitáronnos a visitar o centro de día Pescadoira de Bueu. Fixemos a viaxe no bus de liña, toda unha experiencia pagar o noso billete!

No centro de día recibíronnos Gema, Rosa, Ángela e Miguel para mostrarnos as diferentes estancias do centro. Despois compartimos cos usuarios e usuarias do centro unhas actividades plásticas moi divertidas. Despois de merendar, ensináronnos como levantan e baixan ás persoas que teñen pouca movilidade; e para rematar a mañá, fixemos un pouco de ximnasia cos usuarios e usuarias do centro.

Grazas por unha fermosa mañá. Agora esperamos a súa visita no noso centro. Ata pronto!