domingo, 3 de abril de 2016

DE AZUL...INCLUSIÓN, TOLERANCIA E RESPECTO.

Compartimos estas dúas imaxes, das Torres Hejduk (Cidade da Cultura) e a Naiciña de Asorey (Cambados), dentro do movemento Light it up blue ("ilumínao de azul"). Cada ano, decenas de edificios emblemáticos ilumínanse de azul en sinal de concienciación coas persoas con TEA e as súas familias. Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks e coñecida polas súas siglas en inglés LIUB. 
E...non vos perdades o vídeo Inclusión realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato do IES As Barxas (Moaña), proxecto dos Departamentos de música e inglés. Noraboa polo resultado!!

Por último, para coñecer as características dos nenos e nenas que teñen este trastorno, animámosvos a ver a curtametraxe Academia de Especialistas É un vídeo documental producido pola Fundación Orange e realizada polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha filla con autismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario