Chegou a nosa biblio unha nova revista que nos encanta. Cremos que as revistas son un gran instrumento para fomentar a lectura porque son moi atractivas e captan a atención.
En canto descubrimos a revista PRINCIPIA KIDS non dubidamos en suscribirnos, é unha revista de ciencia para nenos moi coidada e feita con moi bo gusto, como os seus creadores din, Principia Kids é Ciencia e Ilustrailusión.
![]() |
Premendo na imaxe iredes directos a súa web na que, dende fai anos, publican artigos de ciencia para adultos, e relatos de ciencia para nenos. |
"Principia Kids é unha publicación de ciencia, e polo tanto tamén de cultura, para nenos de 0 a 99 anos. A través de contos e historias, exquisitamente ilustradas, sobre natureza, dinosauros, estrelas, experimentos ou robots, Principia Kids fai accesible e ameno o coñecemento científico aos máis pequenos."

O formato é máis o dun libro que o dunha revista e o seu tamaño máis pequeno resulta moi manexable.
Limos un artigo sobre ela que di: "Contén experimentos, receitas, xogos para atopar as diferenzas, un cómic, e incribles historias que, coma se dun conto tratásese, axúdannos a coñecer temas complexos como o ADN, as rochas ou o arcoiris". Podedes ler este artigo completo no blog de MAMA CONTRACORRIENTE, alí fai un bo resumo da revista, de que trata, idades ás que está dirixida....
Ningún comentario:
Publicar un comentario