O MUNDO QUE QUEREMOS é un mundo ecolóxico onde todo o mundo fai uso das 3R, por iso queremos darlle este enfoque ao entroido 2017:
Aquí vos deixamos algunhas ideas que atopamos pola rede e que esperamos vos sirvan de axuda. Nalgunhas tendes máis información premendo nas imaxes.
Non dubidedes en preguntarnos e pedir axuda se estades perdidos, estaremos encantados de axudar!
* REDUCIR o gasto e uso de novos materiais.
* RECICLAR materiais que irían ao lixo
(cartóns, caixas, botellas, etc...)
* REUTILIZAR cousas que teñamos pola casa
(por exemplo roupa vella).
* RECICLAR materiais que irían ao lixo
(cartóns, caixas, botellas, etc...)
* REUTILIZAR cousas que teñamos pola casa
(por exemplo roupa vella).
Aquí vos deixamos algunhas ideas que atopamos pola rede e que esperamos vos sirvan de axuda. Nalgunhas tendes máis información premendo nas imaxes.
Non dubidedes en preguntarnos e pedir axuda se estades perdidos, estaremos encantados de axudar!
Premede na imaxe para ver como cun cartón vello e deixando pintar libremente aos nosos pequenos artistas faredes unha preciosa bolboreta. |
Se tedes pantis que lles quedan pequenos ou están vellos, está é a oportunidade de reutilizalos. |
Cunha camiseta blanca vella e un pouco de pintura teredes uns pintores do máis artístico. |
Con caixas hai moitas opcións para facer disfraces divertidos. |
O cartón tamén da moito xogo para converternos en diferentes cousas. |
Tamén vos deixamos un enlace ao Pinterest de Arnaldo onde ten un montón de ideas de disfraces feitos con material de refugallo. Accederedes premendo na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario