O día 21 de marzo, o día da poesía, celebrouse tamén o día da árbore. Como a chuvia non nos permitiu facer o que tiñamos planeado, deixamos pasar uns días ata que nos visitou o solciño.
Os carballos con botas foron os protagonistas desde día tan especial que compartimos xuntos todo o alumnado e o profesorado do cole.
Na exposición de recomendacións lectoras, situada na entrada da biblioteca, podedes ver contos sobre árbores, libros de información, curiosidades... están desexando visitar as vosas casas!
E despois de tantos bos recordos escoitamos o conto de Anxo: "O Carballo con botas", nunha fermosa presentación con sombras chinesas:
E despois do conto recibimos unha gran sorpresa, un vídeo de Anxo para todos nós... que ilusión!
Gaspar, o papá de Fuco e Lúa, foi o convidado especial deste día. El é un experto en árbores, bosques... Xa nos visitou noutras ocasións para contarnos moitas cousas sobre as plantas.
Grazas Gaspar pola túa axuda, por estar sempre disposto e por contarnos cousas tan interesantes!
Gaspar, coa axuda do profe Jorge que é o noso experto en árbores e plantas, dirixiu a plantación coa que rematamos esta festa das árbores que nos deixa tres carballos no cole: dous que plantamos no patio e un que medra na bota (que pronto transplantaremos).
Aquí vos deixamos algunhas fotos da plantación ao ritmo de Paco Nogueiras coa súa canción: "Cos pés na terra" que lle vai perfecta a este día!
Día da árbore 2017 by Slidely Slideshow
Ningún comentario:
Publicar un comentario