mércores, 13 de febreiro de 2019

UNHA NOVA ETAPA NA VOZ DE ARNALDO

Este pasado luns arrancaba no noso cole unha nova etapa da nosa radio, a radio do Cole de Seixo, A VOZ DE ARNALDO.
Unha radio inaugurada pola REDE ESPORA no ano 2016 
e que agora, gracias ao proxecto RADIO NA BIBLIO de BIBLIOTECAS ESCOLARES

recibe un grande impulso e unha forte dose de enerxía para continuar o seu camiño.
Os profesores do cole estiveron recibindo unha xornada de formación a cargo de Javier Prado, membro do programa Rede Espora:
Foi todo un éxito, contáronme que aprenderon un montón e que elaboraron un pequeno programa de radio como proba. Deixámovolo por aquí, esperemos que vos guste! Ollo que vos vai abrir o apetito!




(PICADE NAS IMAXES)

O seguinte paso será formar aos nosos nenos e nenas para que sexan eles os verdadeiros protagonistas da nosa VOZ DE ARNALDO.
Queremos compartir con vós a nosa canle de radio en IVOOX, picade na imaxe e atoparedes moi bos traballos do alumnado.
Son moitas as novidades que nos esperan, estade moi atentos porque as iredes descubrindo ao longo do curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario