martes, 10 de decembro de 2019

VISITAS MÁXICAS

Hoxe, as nenas e nenos de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria tivemos a sorte de poder desfrutar dunha actividade moi especial...
Dende a Asociación de Comerciantes "Estrela de Marín" e coa colaboración do Concello de Marín puidemos pasalo en grande coa actuación de...
O MAGO PACO

Un espectáculo de maxia moi divertido coa axuda de Papá Noel... na que tamén nos falaron da programación de Nadal do noso Concello e a Campaña de Nadal da Asociación...

Entregáronnos a cada un unha carta para que poidamos escribirlle  a Papá Noel e entregarlla nós mesmos na recepción que vai ter lugar o vindeiro día 13 de Decembro, pola tarde, na Alameda.
Así poderemos entrar nun sorteo dunha visita moi especial o día 24 de Decembro....
Ata outra MAGO PACO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario