Ola a todos e todas,
A biblioteca aínda está pechada, pero xa falta moi pouco para vernos!
Estes días xa anda moita xente por aquí formándose!
Recibín a visita dos colaboradores do ano pasado!
Que recordos!
Leváronse unha chapa miña para que non se esquezan que teñen que axudar!
Este ano paréceme que hai novos colaboradores por culpa da situación que estamos vivindo.
O Equipo da biblioteca e os titores serán os encargados do préstamo persoal e do da biblioteca de aula.
Xa sei que me estades visitando porque hai moitas indicacións novas: protocolo, seguridade, hixiene de mans, máscaras, corentena...
Moito ánimo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario