luns, 20 de setembro de 2021

OS DESEXOS DO ALUMNADO PARA ESTE CURSO

O curso 2021/22 está en marcha. Os máis peques están rematando o período de acollida e nuns días xa estaremos todos ao 100%.
Comezamos o curso con ganas e con moita ilusión... e a iso adicamos os primeiros días: a pensar e compartir os nosos desexos para este curso, que ademais será un curso especial para o noso cole.


Fixemos un gran mural no ximnasio cos desexos do alumnado, 155 globos que esperamos ilustren un curso alegre e inolvidable: o mellor de todos os cursos!!
Aquí tendes algunhas imaxes, máis de cerca, para que vexades que grandes ideas ten o alumnado de Seixo. 

















Ningún comentario:

Publicar un comentario