mércores, 3 de novembro de 2021

ANACOS DE VIDA DO COLE DE SEIXO: LUCÍA

As nenas e nenos de 6º de primaria continuamos co proxecto de investigación na memoria dos que participaron na vida do cole. Hoxe queremos presentarvos o traballo feito a raiz da visita dunha alumna moi especial...

LUCÍA
Hai 6 anos que ramatou os estudos primarios pero deixou fonda pegada no centro pola súa creatividade e pola súa xenerosidade...
Lucía ten no seu currículo artístico ser a creadora da nosa mascota ARNALDO, naquel concurso do ano 2013 promovido polo equipo da Biblioteca Escolar...

Ese Arnaldo que vedes na cabeceira do blog é o debuxo orixinal que Lucía fixo hai 8 anos... e agora non imaxinamos o cole sen Arnaldo!

Por aqueles anos tamén recibiu un premio da Comunidade de Montes e co importe gañado convidou aos seus compañeiros de cuarto de primaria a un Obradoiro de "Kamishibai" e a todo o cole a unha actuación de teatro para fin de curso.
Por aquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos...
Foi estupendo volver a verte de novo Lucía!!!
Moitas gracias pola túa visita!

Ningún comentario:

Publicar un comentario