xoves, 2 de decembro de 2021

UN CLIC PARA O COLE (2021/22)

Xa sodes usuarios de Amazon e de paso que facedes algunha compra queredes colaborar co cole?
En WWW.UNCLICPARAELCOLE.ES podedes facelo entrando e elixindo o noso cole: "CEIP de Seixo".


Por suposto non queremos animarvos a mercar máis nin a facervos unha conta se non a tendes.
Sempre procuramos mercar en tendas físicas próximas ao cole, para apoiar o comercio local, e a iso animámosvos, pero o certo é que moitos usamos Amazon nalgúns momentos nos que non atopamos algo cerca da casa, por iso vos propoñemos aproveitar esta oportunidade nas compras que fagades por este medio.


Unha vez elixido o cole, mercades con normalidade en Amazon, dende a vosa conta, e Amazon doará ao cole unha porcentaxe do voso gasto en forma de un crédito virtual, que despois poderemos usar para mercar nun catálogo que eles nos ofertan.
O ano pasado, con esta iniciativa, puidemos mercar un portátil que agora usamos para a xestión da biblioteca.
Así, sen supoñer gasto a maiores para vós, as vosas compras nesta plataforma, ata o 6 de febreiro, repercutirán no cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario