domingo, 30 de xuño de 2024

O MAMBO DE SEIXO

Os profes Tano e Xosé propuxeron unha canción para pechar o curso con moito ritmo e o alumnado de 6º, con axuda da profe Irene, foron os encargados de facer unha gravación para non esquecela nunca! Cantámola moito!!!

DESPEDIDA CURSO 2023/24

Os dous últimos días do curso estiveron cargadiños de momentos especiais e moi emotivos. O xoves 20 fixemos as graduacións de infantil e de primaria. Podedes velas premendo en cada unha: GRADUACIÓN 5 ANOS, GRADUACIÓN 6º.
Por fin estreamos o mambo de Seixo (podedes ver o vídeo "oficial" premendo AQUÍ).

Ademais, tivemos outras despedidas moi emotivas. Despois de 11 anos despedimos á profe Bea que cambia de cole. Desexámoslle o mellor, botarémola moito de menos. Gracias Bea por deixar a túa pegada en Seixo!

E tamén despedimos a Irene, a presi da ANPA, sempre cercana, colaboradora, disposta... botarémola mooooito de menos!

O último día xogouse o esperado partido do alumnado de 6º contra o profesorado. O que non faia ningún ano é o ben que o pasamos xogando e animando!

Non puidemos resistirnos a cantar outra vez a canción do cole para despedir o curso. 

E co corpo en marcha seguimos bailando un pouquiño máis! E fixemos un tren que nos levou ata o muro de SEIXO CHEO DE VIDA que inauguramos nese mesmo momento (podedes velo premendo AQUÍ)

Os de 5 anos fixéronnos bailar un pouco máis coa súa canción... é irresistible!

E por suposto compartimos unha rica merendola porque, sen dúbida, cando nos xuntamos, todo sabe máis rico!

O curso que ven... máis e mellor!!!

sábado, 29 de xuño de 2024

GRADUACIÓN PRIMARIA

17 nenos e nenas, da man da profe Nerea, rematan o seu paso por primaria e gradúanse para marchar rumbo ao Chan do Monte


A profe Nerea entregoulles as súas orlas e tamén recibiron un agasallo da ANPA. As familias de 6º tamén quixeron ter un detalle con profesorado. 


A tropa de 6º fíxonos desfrutar co baile que prepararon: botarémolos moito de menos!!


Parece que foi onte cando entraron pola porta do cole por primeira vez... e agora xa esperamos que volvan de visita! Recordade que Seixo sempre será a vosa casa!

venres, 28 de xuño de 2024

GRADUACIÓN INFANTIL

Esta preciosa tropa de 21 fantásticos nenos e nenas, a tropa do profe Óscar, rematan infantil e están a puntiño de empezar primaria: que rápido medraron!!


O día da graduación recibiron a súa orla e tamén algúnha sorpresa que o profe Óscar tiña preparada.


E puidemos desfrutar do baile que tanto ensaiaron con Óscar e Jeni: encantounos!! Que marcha!!


Desexámosvos o mellor! Seguro que vai fenomenal o cambio de etapa, e o profe Óscar estará sempre no piso de abaixo feliz de recibir visitas!

mércores, 26 de xuño de 2024

I FESTIVAL MIÚDOS TALENTOS DE SEIXO

Durante o último trimestre, os obradoiros voluntarios no recreo, dedicáronse a preparar o "1º festival miudos talentos de Seixo". Apuntouse quen quixo e, con axuda do profesorado dos obradoiros, organizáronse, prepararon actuacións elixidas por cada grupo, fixeron o vestiario... deixáronnos sen palabras coa súa autonomía e creatividade! Un éxito!


Aquí tendes as actuacións, para que desfrutedes tanto como nós! Comezaron Dilan, Helena e Mateo cunha versión moi especial, en galego, de "Según quien".
 

Aine, Malena e Candela fixeron un baile chulísimo creado por elas mesmas, e o vestiario tamén!


Mia, Martín, Isabella e Sergio cantaron unha versión en galego de "Sofía", encantounos!

Brais, Hugo e Álex demostraron que son magos do balón!


Iván fixonos rir e desfrutar co seu monólogo, a el non se lle resisten as palabras!!

Clara, Sara, Vera, Sara G., María, Ari e Antía elixiron "Noche ochentera" para montar unha coreografía e facer uns traxes chulísimos. Quedamos sen palabras con tanto arte que hai en Seixo.

Miah, Irene, Uxía e Laia cantaron unha versión en galego de "Don´t you worry" que foi un éxito!

Foi un festival tan impresionante que incluso tivemos publicidade! O alumnado de 6º visitou varios comercios de Seixo e prepararon os anuncios.

Neste festival cantamos, bailamos, saltamos, rimos... e sobre todo emocionámonos con tanto talento e creatividade! Noraboa a todas as nenas e nenos que se animaron, foi unha delicia compartir o proceso e desfrutar o resultado.

martes, 25 de xuño de 2024

OBRADOIROS NO RECREO

Este curso, aproveitáronse a tope os obradoiros no recreo, e aquí temos unha pequena recopilación de diferentes propostas nas que participou o alumnado: xadrez, traballo na horta, pintado de porterías, cociña, calceta, costura.... moitísima variedade!!


Outro obradoiro que foi un éxito foi o de estampación de flores e tintes naturais.


Tamén se fixeron outros obradoiro dos que xa vos falamos e que podedes ver premendo no seu nome: FESTIVAL MIUDOS TALENTOS que tivo un proceso precioso de deseño, montaxe, ensaios..., BOTAS CHEAS DE VIDA no que plantamos flores en botas, OBRADOIROS DE NADAL no que se fixeron adornos para as árbores do cole e o MES DA CIENCIA no que xogamos e experimentamos.

MURO SEIXO CHEO DE VIDA

Pensaredes que isto é un cadro, pero non, é un muro do cole que agora luce así de bonito. É o produto final do proxecto deste curso, o resultado do traballo de 149 nenos e nenas, que, guiados por Esteban de Tarabelos, fixeron unha gran postal de toda a vida que temos en Seixo. Grazas ao programa de Bibliotecas creativas puidemos solicitar este obradoiro con Tarabelos.


Recordades o calendario de 2024? (podedes velo premendo AQUÍ). Nel, todo o alumnado, por clases, fixo ilustracións para os diferentes meses, sempre relacionado co proxecto deste ano. Esteban fixo unha selección deses debuxos e pasounos ao muro. Despois, todo o alumnado se puxo mans á obra para enchelo de cor. O mellor é que os vexades en acción. Desfrutade deste vídeo. 


Seixo cheo de vida e de creatividade! 


Un aplauso para as artistas e os artistas que fixeron, en equipo, un impresionane produto final do proxecto deste curso! Unha obra de arte que leva detrás moitas horas de investigación e traballo nas aulas.


E graciñas a Esteban de Tarabelos, que sempre pon moi fácil o traballo: é un pracer facer artistadas xuntos! Encargouse de pasar os debuxos do alumnado do papel ao muro, de guiarnos no pintado e de darlle o remate final ao impresionante traballo do alumnado.
 

Agora temos o rocódromo máis bonito do mundo mundial!!!

luns, 24 de xuño de 2024

PRIMEIRA PROMOCIÓN DE CIBEREXPERTOS DE SEIXO!

Fai unhas semanas compartimos a entrevista na radio a Rafa, o formador do plan director, co que tanto aprendemos este curso en 6º. Pois chegou o día de entregar os carnés á 1ª promoción de ciberexpertos de Seixo. Nun acto tan importante non podían faltar as autoridades por iso, ademais de Rafa, acompañounos o comisario provincial, o xefe da comisaría de Marín e o noso inspector de educación. Parabéns nenos e nenas, esperamos que nunca esquezades o aprendido e vos coidedes moito nos vosos paseos pola rede.
 

sábado, 22 de xuño de 2024

ULTIMO CONSELLO DE NENAS E NENOS DO CURSO 2023/24

O consello de nenas e nenos reuniuse por última vez, neste curso, para avaliar o curso e comentar as propostas, recollidas nas asembleas de aula, para o próximo proxecto. Grazas ás ideas do alumnado xa temos tema para o curso 2024/25! Dende logo non hai como escoitar ao alumado: que boas ideas teñen!!

venres, 21 de xuño de 2024

EXPOSICIÓN SEIXO CHEO DE VIDA

Durante todo o curso investigamos, da forma máis vivencial posible, a vida de Seixo, toda a fauna e flora tan impresionante que nos rodea por terra, auga e aire. Somos afortunados por ter o cole preto do mar, do monte, do río... iso é vida!!
A nosa exposición final recolleu parte do investigado durante todo o curso nas aulas, e a verdade é que foi unha delicia poder ver os traballos de outras clases. Noraboa a todo o alumnado e o profesorado: un traballo fantástico!!!

sábado, 8 de xuño de 2024

FESTA DA LINGUA

Un ano máis celebramos a festa da lingua cunha andaina ata A Pradeira onde, todo o alumnado e o profesorado, desfrutamos dunha xornada de convivencia co cole de Ardán: o rural de Seixo unido polo galego!
Camiñamos, merendamos, xogamos, firmamos camisetas... e rimos moito con Asacocirco e o seu espectáculo que nos deixou coa boca aberta!

DÍA DOS OCÉANOS

Non se nos ocorre unha forma mellor de celebrar o día dos océanos que desfrutando dunha das nosas fermosas praias, así que, todo o cole, saímos de andaina ata Aguete.


Alí desfrutamos dun baño xuntos, compartimos a merenda... e xogamos moito!!!


Pero tamén dedicamos tempo a limpar a praia e recoller lixo, porque os nosos oceanos son un tesouro que nos toca coidar dende ben pequenos. 

venres, 7 de xuño de 2024

GRANXA KIRIKO-XUÑO 2024

O martes 4 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP do CEIP de Seixo fomos de excursión de fin de curso á granxa Kiriko en Fornelos de Montes.

Nada mellor como remate de curso e do PDI deste ano para coñecer a flora e fauna da nosa contorna.

Pasámolo pipa prantando e compartindo momentos cos animais da granxa.

Os nenos e nenas de Seixo están preparados para afrontar os retos e desafíos dos obxectivos de desarrollo sostible (ODS). Coidar o noso planeta e amosar respecto polos seres vivos que nel habitamos.

xoves, 6 de xuño de 2024

BIBLIO PATIO

No cole disfrutamos moito do patio e tratamos de aproveitar todo aquilo que nos ofrece: os xogos, os campeonatos, as merendas, a carreira da paz, a horta, as árbores froiteiras, as flores, os bechos e moito máis. Sempre estamos a argallar algunha actividade no patio dos nosos soños.

O NOSO PATIO, CHEO DE ÁRBORES FROITEIRAS

Encántanos traballar no  patio e neste curso o PDI "Seixo cheo de vida" deunos a posibilidade de estar moito tempo alí: para ler,  para buscar pistas a partir de fotos,  para prantar flores, para investigar,  para traballar na horta e para moitas máis actividades dentro das posibilidades  que nos ofrece. 
Unha de estas actividades  foi investigar sobre as árbores froiteiras que temos.  Partimos dunhas fotos que nos daban pistas para atopalas. Cando as atopamos todas grabamos o vídeo co ipad.

martes, 4 de xuño de 2024

O CEIP de SEIXO VISITA Á ILLA DE ONS

O martes 28 de maio o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, acompañado polas súas mestras, realizou a excursión de fin de curso á Illa de Ons. 

Empregáronse diferentes medios de transporte: o autobus para chegar ao porto de Bueu; dende alí colleron o barco, facendo escala en Portonovo tanto na ida como na volta, para chegar ao peirao da Illa de Ons.

O alumnado de 5º de EP traballou días antes na aula esta illa e algunhas das súas particulariedades que deixaron reflexadas nos traballos expostos no corredor da aula. 

Deixámovos un vídeo con algúns dos momentos vividos neste día.