Durante o último trimestre, os obradoiros voluntarios no recreo, dedicáronse a preparar o "1º festival miudos talentos de Seixo". Apuntouse quen quixo e, con axuda do profesorado dos obradoiros, organizáronse, prepararon actuacións elixidas por cada grupo, fixeron o vestiario... deixáronnos sen palabras coa súa autonomía e creatividade! Un éxito!
Aquí tendes as actuacións, para que desfrutedes tanto como nós! Comezaron Dilan, Helena e Mateo cunha versión moi especial, en galego, de "Según quien".
Aine, Malena e Candela fixeron un baile chulísimo creado por elas mesmas, e o vestiario tamén!
Diego e Leire fixéronnos partirnos da risa cos seus chistes!
Mia, Martín, Isabella e Sergio cantaron unha versión en galego de "Sofía", encantounos!
Brais, Hugo e Álex demostraron que son magos do balón!
Noa, Eva, Raquel e Valeria montaron e bailaron unha coreografía de "Tacones rojos". Alucinade co vestiario que deseñaron e fixeron!
Iván fixonos rir e desfrutar co seu monólogo, a el non se lle resisten as palabras!!
Clara, Sara, Vera, Sara G., María, Ari e Antía elixiron "Noche ochentera" para montar unha coreografía e facer uns traxes chulísimos. Quedamos sen palabras con tanto arte que hai en Seixo.
Miah, Irene, Uxía e Laia cantaron unha versión en galego de "Don´t you worry" que foi un éxito!
Foi un festival tan impresionante que incluso tivemos publicidade! O alumnado de 6º visitou varios comercios de Seixo e prepararon os anuncios.
Neste festival cantamos, bailamos, saltamos, rimos... e sobre todo emocionámonos con tanto talento e creatividade! Noraboa a todas as nenas e nenos que se animaron, foi unha delicia compartir o proceso e desfrutar o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario