O alumnado de 5º estivo a preparar o tema "As plantas" e o presentaron na pantalla verde que temos no cole para facer Chroma.
luns, 31 de marzo de 2025
EXPLICANDO AS PLANTAS CON "CHROMA"
venres, 28 de marzo de 2025
UN POUCO DE POESÍA
O alumnado de quinto de primaria recita o biopoema sobre Rosalía de Castro escrito por Alba de Evan e outros autores.
Ademáis deixamos outro video de pequenos poemas feitos por eles, individualmente e en equipo, xunto algún poema de autores xa consagrados.
Esperamos que vos gusten.
venres, 21 de marzo de 2025
VIAXE A SAN ISIDRO 5º E 6º DE PRIMARIA
Por aquí vos deixamos un pequeniño recordo dunha viaxe inesquecible.
Un grupo que realizou unha aprendizaxe de esquí enorme ao longo de catro fermosos días na Estación de Esquí de San Isidro en León.
Compartimos con vós un vídeo no que se pode ver o ben que o pasamos e o moito que evolucionou a nosa aprendizaxe dende o principio ata o fin.
E por último unha montaxe con todas as fotos que se fixeron ao longo da viaxe. Moreas de recordos que xamais esqueceremos...
Rapazas e rapaces! Para nós foi un auténtico pracer tervos acompañado nesta experiencia inesquecible!
venres, 14 de marzo de 2025
ESPERTANDO VALORES (II)
Esta semana o alumnado de 3 anos traballou o conto "El hada de la suerte" do libro "De mayor quiero ser... feliz". Éste libro é moi recomendado para que tódolos nenos e nenas o teñan na casa xa que lles presentan situacións e historias que eles mesmos van a ter que enfrontar na súas vidas, e co traballo e reflexión destas historias axudarémoslles a xestionar mellor todos os conflitos que lles poidan xurdir e que así medren emocionalmente sans.
xoves, 13 de marzo de 2025
INFANTIL E 1º CICLO DE CONCERTO
luns, 10 de marzo de 2025
MULLERES DE CIENCIA
venres, 7 de marzo de 2025
TEÑO UNHA CANCIÓN PARA TI (6ª TEMPORADA_4_5_6)
Continuamos con unha nova entrega.
Dende A VOZ DE ARNALDO....