xoves, 13 de marzo de 2025

INFANTIL E 1º CICLO DE CONCERTO

O alumnado de infantil e 1º ciclo desfrutamos dunha xornada moi fermosa en Pontevedra na que nos acompañou un solazo moi gustoso. Comezamos facendo unha viaxe en bus que sempre é emocionante, despois xogamos moito nun parque chulísimo onde merendamos de pícnic. Para rematar a mañá, no Pazo da Cultura, desfrutamos dun concerto didáctico da orquestra sinfónica de Pontevedra: "In Gallaecia, Mulieres Mythorum", no que, ademais de boa música, houbo teatro, malabares, un gran zancudo... un concerto marabilloso! Aquí vos deixamos un resumo da xornada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario