Que delicia foi o festival de Nadal, pasámolo pipa! Aquí tendes, fotos de todas as actuacións, para que vos poidades lembrar de cada unha delas.
Antes de empezar estabamos moi nerviosos, o alumnado, o profesorado... e as familias! O ximnasio estaba a tope!
Comezaron os máis peques do cole, a clase de 3 anos con: "Rodolfo el reno"
Seguiron as nenas e nenos da clase de 2º de primaria coa panxoliña "El rock de los pastores"
Despois foi o turno da clase de 4 anos que interpretaron unha versión de David Bisbal de "El burrito sabanero"
A continuación tocoulles ás nenas e nenos da clase de 5º de primaria que traían para todas e todos "El charlestón navideño"
E antes do parón para o sorteo da cesta de nadal actuaron as nenas e nenos da clase de 5 anos con "Las vocales"
"El árbol de los besos" foi a panxoliña que interpretaron as nenas e nenos da clase de 1º de primaria.
Era o turno agora da clase de 4º de primaria con "Una carta mágica"
"Natilla" foi o título da actuación que tiñan preparada as nenas e nenos de 3º de primaria, un baile e unha canción moi pero que moi saborosa.
E para rematar, a actuación das nenas e nenos de 6º de primaria que levaron a cabo " A Función de Nadal"
E como non podía ser doutro xeito, non podía faltar a actuación da nosa ANPA ABELENDOS para despedir, agora si, este festival. Acompañados musicalmente por unha representación do profesorado do cole, interpretaron unha panxoliña moi coñecida que nos falaba do proxecto que se está a levar a cabo este ano no cole.
Graciñas a todas e todos, un ano máis, polo esforzo de montar este festival, e a todo o profesorado por colaborar co vestiario, cos ensaios...
Gracias mamás da ANPA por estar sempre ahí e por esas mans incansables que tanto nos axudan e que nunca teñen un "non" por resposta.
Grazas a Malena e Óscar pola estupenda presentación e a Naiara, Candela, Roi e Hugo por facer músculo abrindo e pechando as cortinas.
O ano que ven... máis e mellor!!!










Ningún comentario:
Publicar un comentario