martes, 24 de febreiro de 2015

UN DOODLE MOI ESPECIAL

Hoxe é un gusto navegar por internet e buscar información en google... porque ten un doodle moi especial.
Non sabedes que é un doodle? Seguro que moitos coñecedes o logo de google, un dos buscadores que mais usamos cando navegamos pola rede...


Pois para celebrar eventos e días especiais (grandes acontecementos, festividades, datas sinaladas de persoas famosas....), google cambia o seu logo por outro que está relacionado coa celebración e chámanlle "doodle".

Hoxe, Galicia e a gran Rosalía de Castro encabezan google por todo o mundo... e iso fainos sentir orgullosos e felices!! Porque google elixiu o 178 aniversario do nacemento da escritora para ilustrar o logotipo da páxina. 


Ao lado de Rosalía, facendo una letra de google, está o escudo galego, e detrás dela montes galegos e un río dos que ela tanto botou en falta, cun dos seus versos mais coñecidos: "Adeus ríos, adeus fontes..."

Ningún comentario:

Publicar un comentario