Amosando publicacións coa etiqueta programas innovación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta programas innovación. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de xuño de 2026

ARNALDO REMATA AS SÚAS VIAXES CON MOITO ARTE

As viaxes de Arnaldo non podían rematar mellor que percorrendo Seixo, todas as parroquias e lugares que pertencen ao noso cole, e que quixemos deixar inmortalizadas no patio.

Coa axuda de Esteban, de Tarabelos, todos os nenos e nenas fixemos un enooooorme mural. En pequenos grupos, con idades mesturadas para axudarnos uns a outros, fomos enchendo de cores e de significado o muro máis grande do patio. Neste vídeo veredes un minuto de traballo, pero pasamos horas pintando con moito esforzo e ilusión. 


Este mural, no que Arnaldo percorre Seixo, fai aínda máis bonito o noso patio! Que emoción deixar as nosas pegadas nun debuxo tan especial! Seixo, Aguete, Campo, Ruanova, Santomé.... busca onde vives a ver se o atopas!!!


Aquí tendes á tropa de artistas e protagonistas do programa ArtLab deste curso.


Recordade que no mural só están reflectidas as parroquias e lugares que pertencen á área de influencia do cole... meter todo sería imposible!

luns, 20 de abril de 2026

PROXECTO BALONCESTO 3X3

O CEIP de Seixo foi seleccionado, entre os 30 centros educativos de Galicia, para participar no Proxecto de “Promoción do Baloncesto 3x3” co alumnado de 5º e 6º de EP, tras ser aprobado polo Claustro e Consello Escolar a súa solicitude.
Este Proxecto de Fomento do Baloncesto 3×3 na Comunidade Galega, da Federación Galega de Baloncesto, é unha iniciativa que conta co apoio institucional da Xunta de Galicia e a Consellería de Cultura e Deporte, comprometidas co impulso do deporte base e a formación da mocidade galega.

Este proxecto ten como obxectivos:
1- fomentar a práctica do Baloncesto 3x3 nos colexios de Galicia, facendo especial fincapé naqueles pertencentes a zonas de carácter rural.
2- promover valores como o traballo en equipo, a superación persoal e a vida saudable entre os mozos e mozas.
3- propoñer unha estratexia integral que inclúe deseño gráfico, contorna web, creación de recursos e formación para a súa implementación.