luns, 16 de marzo de 2015

A MULLER E O MAR

Seguindo coas actividades do día da muller que se celebrou o 8 de marzo, tivemos unha actividade especial no cole unida a unha exposición que temos nos corredores, da que pronto vos falaremos.

Visitáronnos membros do grupo de acción costeira da Ría de Pontevedra, para ensinarnos un vídeo titulado: "A muller e o mar".


Aquí estamos os de primaria vendo o vídeo e facendolle preguntas á mariscadora que nos visitou. Os peques contan no seu blog esta actividade. Podedes velos premendo AQUI


Despois, David e María de Arenaria, compartiron con todos nos un montón de curiosidades sobre o mundo mariño. 


Puidemos ver mostras de moitos animais e preguntar todo o que se nos ocurría...


Encantounos ver e tocar... descubrimos un montón de cousas curiosas sobre os habitantes do mar. 


María e David tamén estiveron cos peques do cole que nos contan moitas cousas que aprenderon con eles, pasade polo seu blog e seguro que descubriredes cousas que non sabedes sobre o mundo mariño. Pinchando nesta foto iredes directos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario