O Morrazo é mar, é unha pequena rocha que se adentra no mar. Outro ano máis moitos dos centros educativos do Morrazo quixémonos unir para celebrar a Rosalía e de paso homenaxear a aqueles que durante moito tempo, xunto con outros colectivos, foron o sostén único da lingua: os nosos pais, nais, avos e avoas e a ese mar omnipresente nas vidas de todos os que habitamos esta rocha. Da man de Xose Iglesias, MARIÑEIRO, mergullámonos na poesía de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario