venres, 15 de xaneiro de 2016

ESTUPENDO INICIO DA OLIMPÍADA DE INVESTIGADORES

Onte comezou a Olimpíada de investigadores que Arnaldo nos presentou o outro día
Felices de ver a biblio tan animada un xoves pola tarde... moita concentración, moito esforzo e tamén moitas risas. 
Grazas a todos os nenos e nenas que estivestes investigando, pronto veredes a vosa posición no taboleiro da carreira... e tamén grazas aos pais e nais que se animaron a vir e participar cos seus fillos e fillas... e que aproveitaron para ler contos xuntos.














Todos os martes e xoves estará aberta a biblioteca para que poidades participar nesta carreira... que como podedes ver está sendo moi emocionante.

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Encantados de participar! Si que é un gustazo ver a biblioteca tan animada! A ver si se mantén así. Bo traballo!
    Por certo, o outro día vin isto e acordeime de vos :) http://www.auladeelena.com/2015/10/biblioteca-de-aula.html

    ResponderEliminar