Hoxe 24 de outubro, foi un día especial, celebrouse, como cada ano, o día internacional das bibliotecas.
E para celebralo, Arnaldo, a nosa mascota, convidounos a todos a xuntarnos na biblioteca para compartir unha especial hora de ler.
E como agasallo tiña para cada aula unha mochila viaxeira.
As mochilas comezarán a viaxar polas casas do alumnado para levar os libros máis alá das paredes da biblioteca.
Un representante de cada clase foi recollendo a mochila para a súa aula.
Dende os máis maiores ata os máis peques.
As 9 clases do cole terán mochilas funcionando este curso, para que todas as familias poidades desfrutar xuntas da lectura. As de infantil e de 1º (neste trimestre) con diferente funcionamento adaptado a súa idade.
Esperamos que pasedes moi bos momentos ao redor dos libros (dos que van na mochila e de moitos máis!!)
Cada mochila de primaria, ademais de contos, poesía, música... leva un caderno viaxeiro que é moi especial.
Non deixedes de ler a nota tan importante que Arnaldo vos manda dentro dos cadernos,
Isto é o que nos di Arnaldo... así xa podedes ir pensando ideas mentres non vos chega a mochila ;)

Genial trabajo, este año tiene muy buena pinta! Gracias por el esfuerzo que hacéis y por la ilusión que poneis! Intentaremos hacer nuestra parte en casa con todo el cariño ;)
ResponderEliminar