Todas as familias recibistes esta carta e aproveitamos o blog para explicar un pouco máis a axuda que precisamos de todos vos:
* CABAZAS DECORADAS.
Un ano máis animámosvos a decorar unha cabaza cos vosos fillos e fillas, desfrutando de facelo xuntos. Poderedes visitalas o venres 28 a entrada ou á saída (abriremos un pouquiño antes para velas). Podedes traelas o mércores 26 ou o xoves 27.
*“I CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE MEDO”.
É unha actividade voluntaria na que queremos animar a todo o alumnado a soltar a súa imaxinación e escribir pequenos relatos de medo, que poden resultar terroríficos ou moi divertidos!
Temos unhas plantillas nas que deben facer o relato ilustrado. Os titores repartiran as plantillas.
O último día para entregalos será o venres 28.
![]() |
* “POLO SAMAÍN... CÓNTAME A MIN”.:
Animamos a todas os membros das familias a contar un conto “de medo” na clase do voso fill@. Como vedes temos unha exposición con moitos contos que podedes coller prestados e utilizar para contar no cole, pero se tendes na casa algun pois perfecto.
Se vos animades concretade día e hora cos titores.
* HORA DE LER A ESCURAS:
O venres 28 todos os nenos e nenas deben traer unha lanterna porque faremos a hora de ler as escuras para que sexa terrorificamente divertida!
Non dubidedes en preguntar o que sexa... contamos con vos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario