venres, 12 de outubro de 2018

ARRANCA A BIBLIOTECA

Cheos de ilusión inauguramos a biblioteca un novo curso. Como non podía ser de outra forma, Arnaldo deunos a benvida a todos e todas á súa casa, unha biblio chea de novos libros, recursos, mobiliario, ilusións e ganas de transmitir o amor pola lectura, por investigar, xogar, descubir....
Dende os máis pequenos de 3 anos ata os de 6º, todos prestamos moita atención ás novidades que nos contaron.


Arnaldo presentounos dúas curtametraxes nas que puidemos comprobar por un lado todo o que pode acontecer se lle damos unha oportunidade a un bo libro; e por outro lado unha historia na que o seu protagonista come, literalmente, os libros sen saborealos nin lelos e disfrutalos pouco a pouco.
Deixámosvos por aquí os vídeos para que poidades comprobar como a paixón pola lectura pode ser un hábito saudable e moi beneficioso.

Comezaron as súas aventuras, un curso máis, as mochilas viaxeiras que levan lecturas e música ás casas de todo o alumnado.

Desfrutade coas súas lecturas e animádevos a contarnos as vosas impresións nos cadernos viaxeiros: fainos moita ilusión lelas!
Arnaldo non quixo quedar sen un recordo deste momento no que un encargado de cada clase recolleu a mochila viaxeira.

A casa de Arnaldo queda inaugurada!!!

Xa sabedes que nos podedes visitar durante todos os recreos, estamos desexando que vexades as novidades en directo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario