luns, 17 de xuño de 2019

VISITA DA ASOCIACIÓN OS PALLEIROS

Hoxe queremos contarvos a visita tan especial da que puidemos disfrutar en AS PEGADAS DE ARNALDO, a nosa Biblio!
A asociación OS PALLEIROS estiveron de visita con seus cans... Arnaldo quedou encantado!
Foron dúas sesións máxicas nas que aprendemos moitísimas cousas sobre esta Asociación...





E sobre as labores que esta Asociación desempeña na cidade de Pontevedra e arredores!



Os máis pequeniños ata se fixeron unha foto en conxunto...

E como non podía ser doutro xeito... Unha vez máis o noso cole prestouse á colaboración e grazas a todas as familias e nenos e nenas do cole fixemos unha importante donación en sinal de agradecemento por esta visita tan interesante...


Moitas gracias "OS PALLEIROS" por querer compartir con nós esta actividade tan preciosa! Moitísimas gracias, tamén, pola labor tan importante que facedes!

1 comentario:

  1. Gran labor que fan nas protectoras.. con poucos recursos dan moitìsimo.. moitas grazas d corazòn!! e xq sabedes.. menos mercar amigos e MÀIS ADOPCIÒNS!!!

    ResponderEliminar