venres, 17 de abril de 2026

DEBULENDO LENDAS

As nenas e nenos do Cole de Seixo, dan man do Programa LEO LAB, tivemos a oportunidade de desfrutar no día de hoxe de TARABELOS que trouxo para nós o espectáculo...

DEBULENDO LENDAS

Recollendo a técnica centenaria do Kamishibai xaponés
TARABELOS ofreceunos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se puido ver, tocar, manipular, vestir...
Pero, que é iso de "debuler"? 
Cando un debuxa o que le, entón "debule", e nesta contada Esteban fixo que debuxemos xuntos e que descubramos o valor das lendas. 

Lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega; o valor para loitar pola vida; o valor da axuda dada e recibida; o valor de coñecer antes de deixarse levar polas faladurías; o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles; 
o valor e a coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada.
Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos "debuler".

Ningún comentario:

Publicar un comentario