xoves, 18 de xuño de 2026

Obradoiro de terrarios 3º

O alumnado de 3º de Primaria participou nunha actividade moi chula, un obradoiro de terrarios!

A profe Eva (PT) compartiu co alumnado a súa experiencia e os seus coñecementos sobre como crear e coidar un terrario. Primeiro, explicounos que é un terrario, que elementos necesita para funcionar correctamente e a importancia de manter o equilibrio entre os distintos compoñentes que forman este pequeno ecosistema.

Despois, os nenos e nenas elaboraron os seus propios terrarios, colocando con moito coidado as diferentes capas de materiais e as plantas que trouxeron.

Esta actividade foi moi interesante para comprender de maneira práctica os contidos do tema de Ciencias Naturais sobre os seres vivos e os ecosistemas. Agora, o alumnado deberá seguir coidando os seus terrarios e observar os cambios que se produzan co paso do tempo.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que aprendimos, experimentamos e desfrutamos da natureza dun xeito diferente. 








































Ningún comentario:

Publicar un comentario