Alumnos e alumnas de 6º de Primaria convertéronse en mestres e mestras por un día nunha actividade na que aprenderon ensinando.

Primeiro tiveron que decidir que contidos querían traballar ou repasar. Logo organizarse para repartir as tarefas e acordar que explicacións e actividades farían. Finalmente chegou o momento máis especial:
Poñerse diante dos seus compañeiros e doutros cursos para compartir os seus coñecementos.
Unha experiencia que lles permitiu reforzar as súas aprendizaxes, mellorar a súa capacidade de comunicación e desenvolver habilidades de traballo en equipo, demostrando que ensinar tamén unha excelente forma de aprender.
A quen non lle gustaría ser profe por un día?


Ningún comentario:
Publicar un comentario