martes, 23 de xuño de 2026

ARNALDO REMATA AS SÚAS VIAXES CON MOITO ARTE

As viaxes de Arnaldo non podían rematar mellor que percorrendo Seixo, todas as parroquias e lugares que pertencen ao noso cole, e que quixemos deixar inmortalizadas no patio.

Coa axuda de Esteban, de Tarabelos, todos os nenos e nenas fixemos un enooooorme mural. En pequenos grupos, con idades mesturadas para axudarnos uns a outros, fomos enchendo de cores e de significado o muro máis grande do patio. Neste vídeo veredes un minuto de traballo, pero pasamos horas pintando con moito esforzo e ilusión. 


Este mural, no que Arnaldo percorre Seixo, fai aínda máis bonito o noso patio! Que emoción deixar as nosas pegadas nun debuxo tan especial! Seixo, Aguete, Campo, Ruanova, Santomé.... busca onde vives a ver se o atopas!!!


Aquí tendes á tropa de artistas e protagonistas do programa ArtLab deste curso.


Recordade que no mural só están reflectidas as parroquias e lugares que pertencen á área de influencia do cole... meter todo sería imposible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario