Hoxe non hai traballo dos titores! Hoxe toca prestar moita atención e animarse a participar no que vos imos propoñer!
A nosa emisora leva demasiado tempo parada e Arnaldo xa non aguanta máis! Precisa a vosa axuda, a de todos: alumnado e profesorado, para que as ondas de Seixo se enchan de galego...
A nosa emisora leva demasiado tempo parada e Arnaldo xa non aguanta máis! Precisa a vosa axuda, a de todos: alumnado e profesorado, para que as ondas de Seixo se enchan de galego...
e que mellor día que o 17 de maio? Lembrades que pasa ese día...?
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
(Imaxe de primaveradasletras.gal)
Por iso vos queremos propoñer elaborar un programa super chulo en A VOZ DE ARNALDO dende as nosas casas!
É moi doado! Só teredes que coller os vosos teléfonos móbiles, gravar un audio no whatsapp e envialo ao seguinte teléfono do cole: 696 10 70 27.
Tendes todo o día de hoxe, venres 15, para facelo. É moi sinxelo, fixádevos ben e seguide o seguinte exemplo:
EU SON..... (nome de cada un) DE.... (dicir o nome da clase) E A PALABRA GALEGA QUE MELLOR ME DEFINE É... (cada un ten que dicir nunha palabra en galego)
Exemplo do Profe Tano:
EU SON TANO PROFE DE MÚSICA E A PALABRA QUE MELLOR ME DEFINE É FESTEIRO.
Exemplo dun alumno/a:
EU SON CAYETANO DE 3º E A PALABRA QUE MELLOR ME DEFINE É AGARIMO.
*Lembrade que tendes que facelo e envialo durante o día de hoxe, venres 15*
ANIMÁDEVOS!
XA VEREDES QUE PROGRAMA MÁIS CHULO IMOS MONTAR!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario